No pleno do pasado mes
de xullo o Comité de Empresa manifestouse contra a privatización do
servizo de limpeza municipal e ante a inminente contratación dunha
empresa privada para a limpeza de edificios e o despedimento de dúas
compañeiras de limpeza do aulario do CEIP Francisco Vales
Villamarín. Daquela, e logo de se pór o Comité en contacto con
todos os partidos políticos e manifestarlles a súa preocupación
pola externalización do servizo municipal de limpeza o Pleno da
corporación aprobou unha moción por unanimidade que indicaba que se
cubrirían as baixas con empregados públicos e que os servizos de
limpeza non se prvatizarían. Un mes e medio despois, o goberno
decide privatizar a limpeza do CEIP Francisco Vales Villamarín e
incumprir abertamente o acordo plenario nos tres primeiros meses de
goberno.
Desde a Sección
sindical da CIG queremos denunciar que o feito de que non se faga uso
da lista listaxe de substitución en limpeza e contratar varias
traballadoras dunha empresa privada pode interpretarse como un acto
de represalia contra as compañeiras despedidas do aulario que, por
orde, terían preferencia e lles corresponderían esas contratación.
Así, o goberno en xuño despediu a dúas traballadoras municipais e
agora en setembro pretende suplir os seus postos no aulario con
traballadores dunha empresa privada de limpeza que descoñecemos,
logo de que tamén nos meses de verán cubrise o traballo dos
empregados públicos de limpeza de edificios con persoal de empresas
privadas de costas ao Comité de Empresa e aos partidos da oposición.
Desde a Sección
sindical da CIG estamos completamente en contra da actitude do
goberno municipal e consideramos que é un absoluto escándalo que
se pretenda privatizar a limpeza do colexio con tal de non tirar das
listaxes de substitucións actuais de limpeza para non verse na
obriga de contratar ás compañeiras que demandaron ao goberno por
despedimento improcedente. A situación do servizo de limpeza
municipal complicarase con esta privatización, posto que ao haber
persoal dependente de empresas privadas traballando a carón de
empregados públicos desempeñando as mesmas funcións e recebindo
ordes do encargado municipal poderiamos estar ante un suposto de
cesión ilegal de traballadores que podería ter como consecuencia a
obrigatoriedade do Concello de contratar a ese persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario