A
pesar da moción aprobada no pleno contra a externalización do
servizo e o despedimento de dúas traballadoras
No
pleno do pasado mes de xullo, o Comité de Empresa do Concello de
Betanzos manifestouse contra a privatización do servizo de limpeza
municipal e a inminente contratación dunha empresa privada para a
limpeza de edificios e o despedimento de dúas compañeiras do
servizo no aulario do CEIP Francisco Vales Villamarín. Un mes e
medio despois, denuncia a Sección Sindical da CIG, “o goberno
decide privatizar a limpeza do centro e incumprir abertamente o
acordo plenario nos tres primeiros meses de goberno”.
Cómpre
lembrar que en xullo, e logo de se pór o Comité en contacto con
todos os partidos políticos e manifestarlles a súa preocupación
pola externalización do servizo, o Pleno da Corporación aprobou
unha moción por unanimidade que indicaba que se cubrirían as baixas
con empregados/as públicos/as e que os servizos de limpeza non se
prvatizarían.
“Desde a Sección
sindical da CIG queremos denunciar que o feito de que non se faga uso
da listaxe de substitución en limpeza e contratar a varias
traballadoras dunha empresa privada pode interpretarse como un
acto de represalia contra as compañeiras
despedidas do aulario que,
por orde, terían preferencia e lles correspondería esas
contratación”, apuntan.
Así, critican que o
Goberno local en xuño despediu a dúas traballadoras municipais e
agora en setembro “pretende suplir os seus postos no aulario con
traballadores/as dunha empresa privada de limpeza que descoñecemos,
logo de que tamén nos meses de verán cubrise o traballo das e dos
empregados públicos de limpeza de edificios con persoal de empresas
privadas de costas ao Comité de Empresa e aos partidos da
oposición.
Desde a Sección
Sindical da CIG rexeitan completamente a actitude do Goberno
municipal e consideran que “é un absoluto escándalo” que
se pretenda privatizar a limpeza do colexio “con tal de non tirar
das listaxes de substitucións actuais para non verse na obriga de
contratar ás compañeiras que demandaron o goberno por despedimento
improcedente”.
Sobre
isto, alertan que a situación do servizo de limpeza municipal
complicarase con esta privatización, posto que ao haber persoal
dependente de empresas privadas traballando a carón de empregadas e
empregados públicos desempeñando as mesmas funcións e recibindo
ordes do encargado municipal “poderiamos estar ante un suposto de
cesión ilegal de traballadores/as que podería ter como consecuencia
a obrigatoriedade do Concello de contratar a ese persoal”.
Info
de www.cigadmon.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario