ACCIDENTE
DE TRABALLO
A
Inspección de Traballo e Seguridade Social, considerou como
accidente laboral o ictus cerebral que sufriu un avogado da asesoría
xurídica do Servizo Madrileño de Saúde, e que derivou no seu
falecemento, tres meses e medio despois.
A
Administración da que dependía o falecido cualificou os feitos como
continxencia de carácter común sen admitir a condición de
accidente profesional.
A
inspección de Traballo lembra no seu informe que existe "unha
consolidada xurisprudencia que determina que sería a parte que se
opón á devandita cualificación (accidente de traballo) a que tería
que probar que o accidente non ten ningunha relación co traballo";
e lembra tamén que segundo o artigo 115.3 da Lei Xeral da Seguridade
Social, unha lesión é considerada accidente de traballo cando
ocorre durante o tempo e lugar de traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario