Laboral
Unha
práctica empresarial cada vez máis estendida como consecuencia dá
“relaxación” inducida dá ITSS e unha reforma laboral atroz e
salvaxe que considera aos traballadores cidadáns sen dereitos
laborais.
A mediados
do pasado mes de decembro 13 persoas foron detidas en Palma de
Mallorca pola Policía Nacional, como consecuencia da súa suposta
implicación nunha rede de negocios nos que se explotaba a
traballadores, tras realizar oito rexistros en oficinas e vivendas e
incautarse de medio millón de euros produto da falta de
pagamento a traballadores e provedores. Estes locais, nos que se
situaban diversas empresas de restauración situadas no centro
de Palma, tamén incumprían a lexislación tributaria e sanitaria.
Durante un dos rexistros practicados nun chalé de luxo, situado en
Son Oliver, na urbanización de S’Aranjassa, os axentes localizaron
500.000 euros en efectivo.
Posteriormente
o xuíz decretou o ingreso en prisión para seis dos detidos e
ordenou o peche temporal de 22 bares e restaurantes sitos
en zonas moi céntricas de Palma, como Praza Maior, Avenidas, Praza
de Cort e Festival Park en Marratxí. Segundo o auto ditado polo
maxistrado, os detidos foron imputados de delitos contra os dereitos
dos traballadores, pertenza a organización criminal, fraude á
Seguridade Social, falsidade en documento mercantil, delito contra a
saúde pública e contra a administración de Xustiza.
Entre os
arrestados atópanse os xefes da organización, dous irmáns
propietarios de numerosos establecementos situados na avenida Antoni
Maura. Do mesmo xeito, tamén foron enviados a prisión preventiva os
supostos homes de palla e xestores necesarios para que a banda
criminal funcionase correctamente.
Os xefes da
trama acusados de explotación laboral, chegando á
“escravitude” nalgúns casos, enfróntanse a penas que poden
alcanzar os dez anos de cárcere. A presunta estafa practicada,
segundo informacións próximas á investigación, apuntan a que
podería afectar a máis de 1.500 persoas e un gran número de
provedores.
A
investigación apunta que os empresarios utilizaban multitude de
manobras e atallos fiscais para obter o maior lucro posible á conta
dos traballadores, funcionando como unha organización criminal.
Crese que tiñan empregados sen contrato, en situación irregular,
contratados con horarios e xornadas que non se correspondían coa
realidade. Ademais, moitas empresas da trama tiñan débedas coa
seguridade social por falta de pagamento das cotas dos empregados. A
fraude á Seguridade Social podería superar o millón de euros.
En xaneiro
producíronse sete novas novas detencións o que aumenta o total de
detidos a 20.
Aos 22
restaurantes clausurados por orde xudicial pola implicación dos seus
administradores na trama que se dedicaba a explotar aos seus
traballadores, hai que engadir unha decena de ordes de precinto de
establecementos ditadas pola autoridade xudicial.
Desde que
arrincou o operativo policial, os inspectores de Traballo detectaron
un aumento considerable de novas altas á Seguridade Social e tamén
dun incremento de horas cotizadas por parte dos traballadores.
FONTES:
Diversos medios informativos de Palma de Mallorca
Ningún comentario:
Publicar un comentario