O 1 de xuño comezará a redución horaria que ten lugar entre esa data e o 31 de agosto. Un ano máis, e á vista de que seguimos cun convenio colectivo de hai anos, o Concello terá que emitir unha nota informativa coa resolución adptada con respecto á especificación do horario en que se pode realizar a redución, así como estipular os departamentos que teñan e a compensación pertinente por non poder desfrutado por motivos de servizo.
A CIG vén de solicitarlle ao alcalde:
Que o Concello especifique o horario da redución diaria que comeza
o vindeiro mes de xuño en aplicación do convenio colectivo e
estableza e comunique o sistema de compensación pertinente para o
persoal que por motivos de servizo non pode realizar a redución
horaria de xeito diario. E que o Concello lle comunique canto antes todo o mencionado ao
colectivo do persoal laboral de cara a lle dar a coñecer o horario
en que poderá exercer o dereito recollido no artigo 9.2. do
convenio colectivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario