Os
prazos para solicitalas remata o 31 de outubro no caso dos pagos
periódicos e indemnizacións, e até o 30 de novembro as de
pagamento único
A
Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde
que regula as axudas de pago único e indemnizacións, así como da
orde que regula as axudas periódicas a mulleres vítimas de
violencia de xénero.
No
caso das axudas de pagamento único a finalidade das mesmas é
proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de
xénero; e a das indemnizacións previstas na lei galega é facer
valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados
e tribunais con sede no territorio galego.
Van
dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na
Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos
e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
Mentres
que as axudas de indemnización están dirixidas ás mulleres que
sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas
dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia
da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no
caso de incumprimento, por insolvencia, por
parte do obrigado a satisfacelas.
O
prazo de presentación remata o rematará o 30 de novembro de 2016 no
caso da axuda de pagamento único e o 31 de outubro de 2016 no caso
das axudas de indemnización.
Axudas
periódicas
Pola
súa banda, as axudas periódicas son axudas económicas individuais
de carácter periódico que se conceden en réxime de concorrencia
non competitiva, e a súa finalidade é proporcionarlles apoio
económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para intentar
garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica
respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou
consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Poderán
ser beneficiarias destas axudas as mulleres maiores de idade ou
emancipadas, vítimas de violencia de
xénero nunha relación de convivencia
e de dependencia económica. As solicitudes
poderanse presentar até o 31 de outubro de 2016.
A
contía das axudas establécese en función das rendas e ingresos da
solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de
efectos múltiples (IPREM) para o ano 2016, e en atención ao número
de fillas e fillos menores ou menores en acollida a cargo, así como
so grao de discapacidade da solicitante e/ou dos menores a cargo, de
ser o caso, nun abano que vai desde
300 euros/mes ata 800 euros/mes e
ata un máximo de doce mensualidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario