No pasado mes de xuño de 2018 o Concello cometeu un erro na nómina dalgúns traballadores e traballadoras laborais, e pagou algúns cartos de máis. O certo é que como era a primeira paga extra de xuño ao abeiro das novas retribucións do Convenio colectivo, o erro pasou inadvertido para unha parte do persoal.
Logo de preguntar no Departamento de Persoal por esta cuestión veñen de confirmar que detraerán nas próximas nóminas as contías pagadas indebidamente. Recomendámoslle ao persoal laboral que revise as nóminas para comprobar se no seu caso cometeron o erro ou que pregunte no Departamento de Persoal para aclarar a cuestión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario