|
|
Así é, o “Women in work index” que actualiza dende hai 7 anos a consultora PwC, traballa con cinco variables para marcar a posición que ocupan os países da OCDE na clasificación da igualdade laboral das mulleres en relación aos homes.
Estas variables son:
a) A diferenza de ingresos, que
pondera un 25%.
b) A porcentaxe da participación
da muller no mundo laboral, que pondera outro 25%,
b) As diferenzas de xénero na
participación no emprego, que pondera un 20%.
c) O nivel de desemprego feminino, que
pondera un 20%.
d) A porcentaxe de mulleres que
traballan a tempo completo, que pondera un 10%.
O Estado español destaca negativamente
situándose no posto 28 da clasificación entre un total de 33
estados, quedando detrás soamente de Italia, Chile, Grecia, México
e Corea do Sur, non conseguindo avanzar un só posto dende o
ano anterior. Os datos cos que traballou a consultora corresponden a
2016 e 2017.
A desigualdade salarial por razóns de
xénero no Estado español practicamente non se corrixiu nada nos
últimos 17 anos, situándose preto do 15%, a pesares de terse
aumentado case en 20 puntos o acceso das mulleres ao mundo laboral
nese período, superando agora claramente o 70%.
A variable con peor puntuación
no caso de Estado español, só superada por Grecia, é a do
desemprego feminino, lixeiramente por baixo dun significativo 20%.
O estudo tamén revela que os cinco
mellores países para traballar unha muller, son aqueles nos que
menos se discrimina ás mulleres respecto dos homes, isto é:
Islandia, Suecia, Nova Zelandia, Eslovenia e Noruega.
Os autores do estudo, cuxo texto
completo achégase ao final desta nova, destacan que o pouco progreso
acadado en materia igualdade nestes dous últimos anos estudados,
explícase a unha pequena redución media da diferenza salarial e
tamén a unha certa caída do desemprego, mais no resto de variables
apenas se produciron cambios. As puntuacións a longo prazo poderán
mellorar basicamente pola maior participación feminina na forza
laboral, que reducirá o diferencial e o nivel de desemprego.
Nesta importantísima materia de
igualdade, non só está en xogo o dereito fundamental á igualdade
de xénero, senón tamén a necesidade de avanzar polo enorme
beneficio económico que en si mesma xera a igualdade. Segundo o
informe, se todos os países da OCDE conseguisen igualar o nivel de
desemprego feminino de Suecia, as ganancias para o Produto Interior
Bruto (PIB) do total dos países analizados, superaría os 6 billóns
de dólares, e así mesmo, eliminar as diferenzas salariais por
discriminación de xénero incrementaría os ingresos para as
mulleres en máis de 2 billóns.
Aínda que China e India non figuran na
clasificación deste informe por non ser membros da OCDE, o estudo si
realizou en cambio unha prospección que nos indica que China estaría
dous postos por enriba do Estado español, mentres que a India
ocuparía o último lugar debido a que ten o maior diferencial de
salarios (36%), e unha moi baixa participación da muller no mundo
laboral (9%). Se a India avanzara ata o 69% de participación laboral
da muller que ostenta Suecia, o PIB da India aumentaría un 79%.
Por outra banda, Estados Unidos, a gran
potencia económica mundial, sae retratada negativamente no estudo,
ao ser o país que dende o ano 2000 retrocedeu máis postos no
ranquing de igualdade de xénero, pasando do noveno posto ao
23.
Ligazón ao informe: “Women in work index 2019”
Fonte: lacelosia.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario