A presidenta en funcións do Comité de Empresa vén de convocar aos delegados en funcións e mais aos novos delegados do persoal laboral á reunión de disolución do Comité de Empresa en funcións e de constitución do novo Comité de Empresa.
Os/as delegados/as que formarán parte do novo Comité de Empresa son os seguintes:
Rosa
García López, delegada da CIG
Jorge
Amarante Rodríguez, delegado daCIG
Marcos
Dopico Sánchez, delegado da CIG
Silvia
Muíño Naveira, delegada da CIG
Marta
Castaño Neira, delegada do CSIF
Santiago
Ois Álvarez, delegado do CSIF
Mónica
Isabel Bóveda González, delegada do CSIF
Victor
Romay Ares, delegado do CSIF
José
Ángel Montes Patiño, delegado da UGT
A convocatoria é para o vindeiro xoves 10 de outubro ás 12:30 h no Centro de Formación Ocupacional. A CIG enviou, xunto coa convocatoria unha proposta da orde do día, de normas de uso do local sindical e mais de regulamento de funcionamento do Comité de Empresa. A proposta de orde do día enviada pola CIG é a seguinte:
- Aprobación, se proceder, da orde do día da sesión.
- Aprobación, se proceder, do Regulamento do Funcionamento do Comité de Empresa.
- Presentación de candidaturas para os cargos e votación.
- Aprobación, se proceder, das normas de uso do local sindical.
- Nomeamento de delegados/as de prevención.
- Quenda de intervencións
A CIG presentará candidatura propia para os cargos do Comité de Empresa e non chegou a ningún acordo previo con ningún dos outros sindicatos debido a que os principios programáticos defendidos nestes últimos anos principalmente polo CSIF son claramente contrarios ao obxectivo de acadar a igualdade salarial entre o persoal laboral e funcionario.
Así mesmo, a UGT realizou un achegamento logo das eleccións sindicais e propúxolle á CIG apoiar a súa candidatura, mais desde a CIG, logo dun proceso de valoración da proposta, decidimos que o importante non son os cargos senón os feitos, os principios e os obxectivos, e indicámoslle que estariamos abertos a acordos puntuais e negociacións no seo do Comité de Empresa sempre que estes fosen en beneficio do persoal laboral e se encadrasen no programa co que nos presentamos ás eleccións sindicais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario