04/03/20

A CIG solicita unha reunión extraordinaria do Comité de Empresa para que se posicione sobre a RPT

Os catro delegados da CIG veñen de lle solicitar ao presidente do Comité de Empresa, Santiago Ois, que convoque de xeito extraordinario o Comité de Empresa para que este se posicione sobre a Relación de Postos de Traballo.

Desde a CIG consideramos se suma importancia que o máximo organismo de representación do persoal laboral se posicione en contra deste documento que exclúe e discrimina á maior parte dos traballadores e traballadoras laborais do Concello de Betanzos e que dea os pasos oportunos de cara a lle manifestar a súa postura ao goberno municipal.

Este posicionamento é aínda máis necesario toda vez que a probación da RPT incumpre o convenio colectivo do persoal laboral que recolle expresamente que todos os postos de traballo laborais deberán estar na Relación de Postos de Traballo e cuxo incumprimento poderá supor non só as alegacións dos propios traballadores e da CIG senón as correspondentes denuncias na Inspección provincial de Traballo da Coruña.


Ningún comentario:

Publicar un comentario