A CIG denuncia os efectos negativos nas
condicións laborais do persoal da Xunta e a perda da independencia
no réxime de informe e autorización dos proxectos con impacto no
territorio.
O PP empregou a vía de emendas do seu
propio anteproxecto para introducir, a calada e sen debate
parlamentario, unha serie de medidas que afectan directamente as
condicións laborais do persoal empregado público da Xunta. Ampárase
na crise da Covid, cun discurso de falsa simplificación
administrativa, para impoñer traslados e funcións, pero tamén para
saltarse os informes técnicos dos funcionarios/as públicos na
autorización de proxectos.
O público é servizo, o privado
beneficio
Pretende cambiar o sistema de traballo derivando
informes previos dos procedementos de autorización cara as empresas
privadas. De ir para adiante, sentará un precedente inédito na
Galiza, xa que elimina a independencia para realizar un informe
preceptivo e/ou vinculante para a autorización de proxectos que
poden ter impacto social, ambiental ou sobre o patrimonio cultural.
A creación de bolsas de expertos
externos ou que empresas colaboradoras entren na xestión e informe
vai ter consecuencias directas sobre o noso entorno, pola explotación
sen control dos recursos da Galiza, ao non garantirse nin poder
xestionar por parte dos poderes públicos os posibles conflitos de
intereses ou a independenza empresarial.
A Xunta do PP abre as portas ao expolio
da Galiza
Ademais, se sumamos a esta falla de independencia,
a redución do trámites e a falla de secuencia de
informes (serán paralelos), a creación dun “catalogo”
(guia) do que van ser accións “informables” o non (estudos e
avaliacións de impacto ambiental, etc…) e que o silenzo
administrativo terá carácter positivo, da como resultado a
facilidade total para dar luz verde á implantación de calquera
actuación. Un panorama perfecto para que as empresas constrúan
calquera tipo de proxecto en calquera tipo de solo e territorio. Un
parque eólico ou unha mina, un parque industrial ou de explotación
gandeira intensiva poderá autorizarse incluso nun espazo natural
protexido.
Para o persoal da Xunta: un café e
unha palmadiña
Para os trámites para os que sexa necesario
persoal empregado público non aplica as fórmulas que xa ten hoxe a
Xunta para xestionar o incremento de traballo, como a contratación
por acúmulo de tarefas ou as comisións de servizo voluntarias. Aquí
o PP instaura a mobilidade forzosa a cambio, como moito, dunha
gratificación extraordinaria, que ademais é potestativa.
A denuncia da CIG
Na CIG non nos
quedamos caladas ante esta intención de desmantelamento do público
e de deterioro das condicións do persoal e esiximos a paralización
destas medidas na pasada Mesa Xeral de Empregados Públicos
(9/02/2021). Alí a Xunta do PP deu a calada por resposta, e mentras
“van facendo” co seu partido.
Tamen acudimos aos grupos
parlamentares para expoñerlles os nosos argumentos, tan so o BNG
respostou. Así que si nada o para, a lei vai a pleno no Parlamento o
día 23 de febreiro, e coa maioría absoluta do PP, non se esperan
dificultades para a súa aprobación.
Estes son os artigos que adicionan nas
emendas e que pretenden cambiar directamente as condicións laborais
do persoal empregado público:
Reasignación de efectivos (Emenda
22,adición de novo artigo 75)
Os secretarios/as xerais poderán
mover forzosamente (na mesma localidade )ao persoal para xestionar os
fondos europeos (para a recuperación ou “outros”).
Si
necesitan trasladar o persoal dunha consellería o a outra, ou de
entidades instrumentais por medio da dirección xeral de Función
Pública.
O persoal trasladado poderá (posible, non seguro)
sempre condicionado ao orzamento percibir complemento de
productividade ou gratificacións extraordinarias.
Creación de unidades administrativas
de carácter provisional (E 23, novo artigo 76)
Crean unidades
provisionais con persoal funcionario de carreira. Xustifican pola
experiencia do funcionariado que a provisión dos postos se faga con
persoal funcionario de carreira trasladado e descartan expresamente a
contratación de persoal interino ou laboral temporal (so de xeito
subsidiario).
Asignación de funcións a tempo
parcial (E24)
A secretaria xeral técnica da consellería poderá
asignar novas tarefas ata o 80% da xornada, logo deberan facer as
propias para o que poderán contar ou non co apoio de persoal
internino/laboral temporal, unicamente se o titular que foi facer
outras funcións era voluntario/a.
Quen fai a lei fai a trampa
En
conclusión, na CIG valoramos negativamente unha proposta deste
calado unha lei coa asignación arbitraria de novas funcións, sen
límites temporais, sen compensacións negociadas e tirando aínda
máis da corda dun persoal empregado público sobresaturado. Ademais
aplica prazos ridículos para informes e amplía a burocracia para
dar cobertura á entrada a empresas colaboradoras ou expertas para o
que ata o de agora fai o persoal funcionario.
A lei de simplificación administrativa
e reactivación económica non xera emprego, tan só posibilita a
depredación.
Para máis, esta lei que non apoia aos pequenos
sexan labregas, autónomos, pymes ou empresas, tampouco xera emprego
público para a tramitación extraordinaria dos macro proxectos que
pretenden vender ao mellor postor a riqueza de Galiza e que nos pon
ao servizo das grandes empresas privadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario