Dende a CIG do Concello de Betanzos queremos darvos as grazas polo voso apoio nas eleccións sindicais que tiveron lugar no día de hoxe. Grazas a ese apoio o novo Comité de empresa contará coa maioría da Confederación Intersindical Galega e poderá trazar novos camiños de actuación na defensa do persoal laboral do Concello de Betanzos.As compañeiras e os compañeiros que resultaron elixidos como delegados da CIG e que a partir da súa constitución serán membros do Comité de empresa son os seguintes:
1. Silvia Muíño Naveira
2. Mónica Núñez Vales
3. Jorge Amarante Rodríguez
4. Raquel Fernández Rodríguez
5. Marcos Dopico Sánchez
Agora comeza o traballo!
Moitísimas grazas a todo o persoal laboral que nos apoiou, e en especial ao que formou parte da candidatura, porque grazas a vós poderemos abrir novos camiños!
2. Mónica Núñez Vales
3. Jorge Amarante Rodríguez
4. Raquel Fernández Rodríguez
5. Marcos Dopico Sánchez
A partir de agora Silvia, Mónica, Jorge, Raquel e Marcos representaranvos como delegados da CIG e estarán ao voso dispor para calquera dúbida, consulta ou problema. Proximamente constituirase o novo Comité de empresa e manterémosvos informados, mais entre as primeiras accións da CIG estará solicitar toda a documentación que afecta ao persoal laboral, tanto os acordos, como o estado das negociacións ou a Relación de Postos de Traballo para así comezar a planificar o traballo e as prioridades desta nova etapa que se inicia grazas ao voso apoio.
Agora comeza o traballo!
Moitísimas grazas a todo o persoal laboral que nos apoiou, e en especial ao que formou parte da candidatura, porque grazas a vós poderemos abrir novos camiños!
Ningún comentario:
Publicar un comentario