18/05/11

Comeza a andaina!

O próximo 30 de maio o persoal laboral do Concello elixe os seus representantes sindicais, e, por tanto, os compañeiros e as compañeiras que formarán o Comité de empresa durante os próximos catro anos. Desta volta e por vez primeira a Confederación Intersindical Galega presenta candidatura no Concello de Betanzos para os dous colexios do persoal laboral, o colexio de persoal técnico e administrativo e o colexio de persoal especialista e non cualificado. Once compañeiras e compañeiros que forman parte desta candidatura e con ganas de traballar por mellorar a representación sindical no Concello de Betanzos e a situación do persoal laboral nesta Administración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario