O persoal laboral do Concello de Betanzos estaba chamado onte a elixir aos seus representantes sindicais. En total, dos nove postos en xogo a Confederación Intersindical Galega (CIG) fíxose con cinco delegados, deixando os catro restantes para a UGT. Ata o momento este último grupo era o maioritario e a CIG non concorrera. A cabeza de lista da CIG, Silvia Muíño, aspira a presidir o comité de empresa.
A CIG aspira a rematar coas desigualdades existentes entre o persoal laboral fixo e defender con firmeza nas mesas de negociación acordos colectivos únicos para persoal laboral e funcionario, sobre a base da homologación e non discriminación das condicións de traballo.
O persoal funcionario votou o pasado 4 de maio para repartir os 3 postos de delegados. O CSIF fíxose con dúas prazas e CC.OO. coa outra. CSIF tamén era a primeira vez que se presentaba aos comicios sindicais, desbancando a CC.OO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario