26/05/11

300 visitas!

Dende a CIG do Concello de Betanzos queremos agradecer os ánimos de moitos traballadores e traballadoras que dende os distintos departamentos municipais están a apoiar o cambio de rumbo na representación sindical deste Concello. Hoxe, cunha escasa semana de vida, este blogue xa conta con 300 visitas e iso é boa mostra de que estamos no camiño correcto, no camiño da información ao persoal que ata o momento sempre foi máis ben escasa ou mesmo inexistente, porque os sindicatos con representación ata o momento non o consideraban adecuado.

Boa proba de que mudamos as dinámicas con só presentar a candidatura e abrir novas canles de comunicación é que, tal e como nos comentaron diversos compañeiros, a UGT sumouse ao carro das novas tecnoloxías e grazas á iniciativa anterior da CIG creou un blogue, un enderezo electrónico e mesmo achegou propostas do propio programa da CIG na súa publicidade. Iso demóstranos que estamos no bo camiño, que as propostas e inciativas da CIG son interesantes e logo de levar anos e anos sen ninguén que defenda o persoal deste Concello, chegan novos e mellores tempos e quen non fixo nada anda a prometer.


Moitas grazas a todo o persoal que apoia o cambio porque se vós non sería posible, o cambio está nas vosas mans o vindeiro luns 30 de maio, a CIG ten un compromiso de traballo para o Concello de Betanzos e as persoas que formamos a candidatura temos a ilusión de mudar as cousas, por iso, andamos abrindo camiños e pedimos o voso apoio para un cambio de rumbo na representación sindical do persoal laboral do Concello de Betanzos.


O 30 de maio vota á CIG!

Ningún comentario:

Publicar un comentario