O
VI Congreso da CIG remataba este domingo 26 de maio tras da elección
da nova Executiva Confederal, que pilotará a central sindical nos
vindeiros catro anos, e a reelección de Suso Seixo como secretario
xeral. Culminaba así un proceso de debate comezado hai meses no que
a CIG acorda que, para enfrontar as regresivas políticas decididas
nas institucións europeas e aplicadas polo PP en Galiza e a nivel de
estado é imprescindíbel reforzar a organización, mobilizarse e
contar con soberanía para que Galiza poida decidir cales son as
políticas que precisa para que a saída da crise sexa favorável á
maioría social: a clase traballadora.
Tanto
para a Executiva Confederal como para a Secretaría Xeral ou a
Comisión de Garantías presentábase unha única candidatura. A da
Executiva Confederal foi referendada por 508 congresistas, 30 votaron
en branco e 15 emitiron voto nulo. O secretario xeral, Suso Seixo,
foi reelixido con 499 votos, 50 brancos e 4 nulos e a Comisión de
Garantías contou con 512 votos, 31 en branco e 9 nulos.
A Executiva
Confederal está
conformada por 12 membros e forman parte dela:
1.-
Xesús Seixo Fernández.
2.-
Elvira Patiño Ogea.
3.-
Francisco Xabier Cartelle Pérez.
4.-
Manuel Currás Meira.
5.-
Miguel Anxo Malvido Cabirto.
6.-
Margarida Corral Sánchez.
7.-
Anxo Pérez Carballo.
8.-
Ramiro Oubiña Parracho.
9.-
Xosé Francisco Miranda Vigo.
10.-
Antolín Alcántara Álvarez.
11.-
Anxo García Torres.
12.-
Paulo Carril Vázquez.
A Comisión
de Garantías contou
con 512 votos, 31 en branco e 9 nulos e forman parte dela:
1.
Birino Marcos Baamonde
2.
Xosé Lois Seixo Fernández
3.
Manuela Catoira Palleiro
4.
Segundo González González
5.
Luís Burgos Díaz
6.
Placer Vila Rodríguez
O
VI Congreso comezaba na
mañá do sábado 25 de maio baixo o lema “É necesario. É
posíbel. Organización, loita, soberanía”. Tras da benvida do
secretario comarcal da CIG de Compostela, Anxo Noceda, e a actuación
dun grupo de cooperativistas do Conservatorio Histórico de Santiago,
Sociedade Cooperativa Galega, as delegadas e delegados presentes
aprobaban o Regulamento sen ningún voto en contra e cunha única
abstención.
De
seguido, Suso Seixo presentaba, en representación da Executiva
Confederal saínte, o informe
de xestión destes
últimos catro anos, que foi aprobado, tras do seu debate, con 430
votos a favor, 5 en contra e 61 abstencións.
Seixo
foi moi crítico coas políticas “antisociais e antiobreiras” que
se foron aplicando neste período marcado, na súa totalidade, polas
consecuencias negativas que para Galiza e as súas clases populares
está a ter a crise económica e financiera. Catro anos de recorte de
dereitos laborais e sociais nos que, so pretexto de reducir o déficit
público, favorecer a competitividade da economía e crear emprego,
non só se conseguiu todo o contrario, senón que mesmo se aproveitou
para introducir toda unha serie de medidas “profundamente inxustas
e antidemocráticas”.
Debate
Unha
vez aprobado o Informe de Xestión, elixíase a Mesa Congresual e
iniciábase, a partir de aí, o debate dos relatorios, aos que só se
presentaran 59 emendas (2 ao Relatorio de Organización; 12 aos
Estatutos e ás modificacións estatutarias e 45 ao Relatorio de
Acción Sindical).
No Relatorio
de Organización a
CIG define os seus obxectivos para os vindeiros catro anos,
nomeadamente, mellorar a súa organización interna para garantir
que, ante o recorte de dereitos e das condicións de vida, a central
sindical dá unha única resposta “solidaria e común como clase”;
perfeccionar o modelo federativo e territorial; reforzar a acción
sindical na empresa a través das delegadas/os; incentivar a
participación das persoas desempregadas e reforzar a participación
das mulleres, da mocidade e das persoas pensionistas e xubiladas.
De
seguido debatéronse as modificacións estatutarias, que foron
referendadas con 457 votos a favor, 1 en contra e 20 abstencións
superándose así a maioría absoluta requirida para que saísen
adiante.
O Relatorio
de Acción Sindical -aprobado
con 370 votos a favor, 14 en contra e 13 abstencións-, é a folla de
ruta da CIG na que se formulan as alternativas para a central
sindical mellor enfrontar a grave problemática social e laboral que
está a provocar a crise sistémica do capitalismo.
Acto
de clausura
No
acto de clausura, ademais das persoas congresistas participaron
numerosas delegacións
convidadasde
organizacións políticas, sociais e culturais de Galiza e
de organizacións
sindicais internacionais.
Suso
Seixo, recén reelixido secretario xeral, comezou a
súa intervención agradecendo,
en nome da central sindical, o traballo desenvolvido polas persoas
que non repiten nesta Executiva: Laura Bugalho e Antonio López, aos
que lles foi entregado un pequeno agasallo.
Denunciou
a destrución, “sen precedentes” de emprego en Galiza e alertou
das “consecuencias sociais e económicas dramáticas, pero tamén
políticas” que ten. Situou este problema como unha das prioridades
da central sindical e propuxo pór en marcha unha forte campaña, co
máximo arroupe social, ao redor dunha batería de propostas
dirixidas á Xunta de Galiza en materia fiscal, financeira,
industrial, contractual e en demanda dun salario de inserción social
para desempregadas/os que non cobren ningún tipo de prestación.
Denunciou
que “estamos ante unha loita de poder entre a oligarquía
financeira e as clases populares” e que todas as medidas que se
están a impor teñen como obxectivo incrementar os beneficios desa
oligarquía, pola vía de reducir custos laborais, proporcionando man
de obra barata.
Chamou
a organizarse e continuar a mobilizarse para reclamar outras
políticas alternativas convencido de que “é posíbel” mudar
este modelo porque “somos unha maioría social moi ampla os que
estamos obxectivamente interesados en rematar con estas políticas
tan antisociais”.
Cuestionou
a política de pacto social, que sempre viu acompañada de cesión de
dereitos da clase traballadora e apostou por construír “un modelo
de sociedade libre e democrática en Galiza, cun Parlamento galego
soberano”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario