Isto
produce, que este sector presente un índice maior a outros sectores
de padecer doenzas como a lumbalxia, cervicalgia, tendinite, ombro
doloroso, epicondilite, síndrome do túnel carpiano, tenosinovite de
Quervain, artrose de xeonllo, as patoloxías máis comúns asociadas
aos traballos de limpeza profesional. Segundo o doutor Santiago da
Fonte, médico rehabilitador, "estas patoloxías resultan
tremendamente frecuentes e ocasionan unha media de 15 días de baixa
laboral".
Gran
parte desas enfermidades poderían evitarse ou minimizarse ofrecendo
ás empresas e traballadores unha correcta formación en hixiene
postural.
Tal
e como explica Álvaro Guerrero, fisioterapeuta e codirector do
centro médico Premium Madrid, "para ofrecer solucións,
primeiro hai que analizar os riscos laborais aos que se expón o
sector, que no ámbito da limpeza son: caídas, golpes, cortes e
abrasións con produtos químicos.
Seguidamente,
hai que aplicar os plans de ergonomía adaptados tanto á actividade
que se realiza coma ao utensilio de traballo que se emprega e,
finalmente previr e, no seu caso, tratar os trastornos
músculo-esqueléticos. Neste último caso, resulta imprescindible
reducir o tempo dende que o traballador sofre unha dor ou traumatismo
ata que comeza o tratamento.
Segundo
Guerrero, este tempo debe ser o máis inmediato posible, "deste
xeito reduciremos o tempo de incapacidade temporal e o traballador
quedará 100% recuperado e sen secuelas".
Para
que os traballadores poidan levar a cabo os plans de ergonomía
deberán aprender, a través de técnicas de reeducación postural
global e de control postural, como executar o seu traballo
correctamente, así evitaranse retraccións, acurtamentos e
contracturas musculares, que se producen, polo desempeño da
actividade laboral.
Segundo
Guerrero, "nos procesos crónicos ou dexenerativos, a prevención
é fundamental a través de técnicas como a reeducación postural
global cuxos principais beneficios son: gañar elasticidade, mellorar
a mobilidade articular, mellorar a postura, eliminar contracturas e
quitar a dor, mellorar a respiración, controlar o estrés, aprender
a controlar o teu corpo de xeito activo e dar estabilidade á nosa
columna".
Artigo tirado de www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario