A
Sala do Social do Tribunal Supremo estimou un recurso de casación
para a unificación de doutrina interposto polo Instituto Nacional da
Seguridade Social, fronte a unha sentenza ditada polo Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia, ao considerar que a avaliación dos
riscos en caso de lactación natural en relación co posto de
traballo ha de ser específica, que alcance á determinación da
natureza, grao e duración da exposición.
A
traballadora prestaba os seus servizos como ATS en Urxencias dun
hospital.
A
unidade de prevención de riscos laborais da empresa elaborou un
informe sinalando os riscos do seu posto de traballo, como
"exposición a substancias químicas, sobreesforzos, choques con
obxectos, exposición a substancias ionizantes, axentes biolóxicos,
cortes e picadas, atropelo ou golpes con vehículos en desprazamento
ou de acceso ao hospital,".
Segundo
este documento, non existía posto compatible co estado da muller,
polo que non resultaba técnica ou obxectivamente posible o cambio de
posto.
Mesmo
cando non existan postos de traballo ou función compatible, a norma
específica sinala que a traballadora poderá ser destinada a un
posto non correspondente ao seu grupo ou categoría equivalente, se
ben conservaría o dereito ao conxunto de retribucións do seu posto
de orixe. Só cando isto non fose posible, podería declararse o paso
da traballadora afectada á situación de suspensión do contrato por
risco durante o embarazo.
Segundo
o alto tribunal, é certo que constan informes cos riscos do posto de
traballo e coas funcións da traballadora, pero só conteñen unha
declaración global e xenérica duns riscos susceptibles de poder
estar aparellados a un posto de traballo daquela natureza, de médico
do servizo de urxencias hospitalarias, sen precisión sobre os
concretos axentes nocivos detectados no posto e dos efectos que estes
puidesen ter sobre a saúde da nai ou do lactante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario