Achegámosvos a resposta da Inspección de Traballo á denuncia realizada con motivo da non reunión do Comité de Empresa en xa case seis meses, cando segundo a Lei 31/1995 se debe reunir cada tres meses. O Concello admite que os feitos denunciados son verdade e apela a unha falta de tempo polo exceso de carga laboral, que xa case vén a ser unha escusa tan socorrida como o "sempre se fixo así" do concelleiro de Persoal. Dende a CIG non dubidamos da carga de persoal neste departamento mais xa non a admitimos como escusa válida tendo en conta que nesta lexislatura se puxo unha persoa de reforzo, privatizouse todo o relativo a convenio, RPT, e case calquera Mesa Xeral, polo que puidemos ver na última reunión, e o Comité de Empresa leva meses sen recibir documentación. Se a isto lle sumamos o que indica a Inspección, que entre administracións públicas non se poden sancionar o panorama é desolador para os empregados da Administración pública que, polo que parece, estamos en inferioridade de condicións en materia de seguridade e saúde laboral fronte á empresa privada á que Administración pública si que lle exixe ter á empresa privada... iso si, sempre ata que pase algo que logo, total, quen sufre as consecuencias é o persoal e quen paga as posibles indemnizacións @s contribuíntes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario