Segundo un informe da Fundación
Mapfre, elaborado con datos do INSHT, cada dous días morre un
traballador en accidente de tráfico durante a súa xornada laboral.
A metade do total de accidentes mortais de traballadores son de
tráfico.
Os accidentes de tráfico
relacionados co traballo provocan 181 falecidos ao ano, dos que 111
son in itínere, o que representa máis do 20 por cento do
total de accidentes con baixa laboral e o 33 por cento dos graves.
Os sinistros de tráfico no
traballo están a reducirse cos anos, aínda que esta diminución é
menor que a dos accidentes laborais en xeral. O perfil da maioría
das vítimas dos accidentes laborais de tráfico é home, de entre 25
e 54 anos e que traballa no sector da construción, reflicte o
estudo, que analiza a sinistralidade viaria entre 2003 e 2012.
Segundo progresa a semana, baixa a
sinistralidade viaria laboral, sendo o luns o "máis conflitivo
e máis accidentado", segundo o estudo, día que rexistra o 21,1
por cento deste tipo de accidentes.
En canto ao sexo, os homes sofren
máis accidentes de tráfico traballando que as mulleres. Isto débese
a que os sectores nos que se producen con máis frecuencia
-transporte e distribución- son "habitualmente ocupados por
eles".
Os que maior número de accidentes
de tráfico teñen en horario laboral son os menores de 24 anos, pero
é a partir dos 55 anos cando estes sinistros son máis graves.
En canto ao tipo de contrato, os
temporais teñen máis accidentes deste tipo que os indefinidos,
concretamente un 75 por cento máis no período analizado, sobre todo
nos desprazamentos de casa ao traballo.
A directora da Dirección Xeral de
Tráfico, María Seguín, destacou que o 2014 pechou "sen un
empeoramento de sinistralidade viaria" e animou ás empresas
para dar a coñecer os seus plans de seguridade viaria para que
outras poidan levalos a cabo.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario