Un ano máis o Concello
contrata de xeito irregular ao persoal docente da Escola de Folclore
ao contratar a unha serie de traballadores sen un proceso selectivo,
tal e como é preceptivo. A situación de irregularidade na que o
goberno municipal mantén a este persoal desde hai moitísimos anos
ponse de manifesto ano tras ano coa sinatura dun contrato cando o que
debía haber dunha vez por todas é persoal fixo discontinuo, que
preste os seus servizos ao longo do curso, mais non que asine máis
un contrato en fraude ano tras ano.
Desde que a CIG chegou a
este Concello puxemos de manifesto que esta situación era irregular
mais cada vez resulta máis anómala tendo en conta que o Concello
convoca continuamente procesos selectivos para outros postos con
contratos dunha duración moi inferior, como o da patrón, auxiliar
administrativo, técnico da Cemit e un longo etc e ano tras ano neste
colectivo e mais no Conservatorio realiza novos contratos sen o
proceso selectivo pertinente do que debe ir precedido todo contrato
na Administración pública.
Se a isto lle sumamos que
o Concello decidiu unilateralmente e sen negociación con
representantes dos traballadores que a algún persoal escollido por
el mesmo non se lle aplicaba o convenio colectivo e ía cobrar máis
que o cobran o resto de laborais a situación é esperpéntica e
antes ou despois deberá buscarse unha solución, entre tanto, o
Concello teima en seguir cometendo irregularidades en beneficio duns
pouco e en contra do resto de laborais, que son discriminados con
estas decisións unilaterais.
O Comité de Empresa,
solicitoulle, como cada ano, toda a información
relativa ao expediente destas contratacións e lembraralle ao
Concello que o amosa a súa disconformidade coas contratacións
irregulares e defende que todas as contratacións e condicións
contractuais se fagan baixo os principios de igualdade, mérito e
capacidade e cunhas retribucións ao abeiro dun convenio colectivo
que se lle aplica ao resto do persoal e que non indica nada especial
para traballadores e traballadoras dalgúns colectivos. É máis,
esta decisión non só discrimina a uns poucos fronte ao persoal
doutros servizos senón tamén a algúns fronte a compañeiros do
mesmo servizo que cobran segundo convenio.
Por todo isto, o Comité
solicitoulle ao Concello que informe
sobre o proceso selectivo do profesorado da Escola Municipal de
Foclore e que lle achegue toda a documentación do expediente
relativo a estas novas contratacións, que informe como se determinan
as retribucións do profesorado da Escola Municipal de Folclore e os
motivos polos que non se rexen polo mesmo sistema que o resto do
persoal laboral, nin polo incluído no convenio colectivo nin na
Relación de Postos de Traballo e que o Concello informe ao Comité
de Empresa con urxencia sobre esta situación que está a producir un
agravio discriminatorio deste colectivo fronte ao resto do persoal
laboral da Administración e dea os pasos oportunos de cara a
corrixila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario