Logo
de solicitar por escrito que o Concello convoque a Mesa Xeral para a
aplicación do Decreto no que o goberno devolve aos traballadores da
Admón do Estados os días por antigüidade en vacacións e asuntos
particulares e de que solicitase que o Concello pagase canto antes os
48 días da paga correspondente a 2012, a última información que
tivemos sobre estes temas é a seguinte:
48 días da paga
extraordinaria de 2012
Segundo
informou o concelleiro de Persoal xa está informando Intervención
esta cuestión, ou cando menos esa información é a que lle ofreceu
Diego Fernández aos delegados do persoal laboral. Segundo parece,
desta volta, en principio, non haberá que recorrer ao xulgado para
os solicitar, tal e como os laborais tivemos que facer e non así os funcionarios, posto que a lexislación é clara, o Concello se ten
solvencia económica debe pagar antes de fin de ano, agardamos, pois,
ter máis novas e que o pago se produza nos vindeiros dous meses.
Días de asuntos
particulares e vacacións por antigüidade
Xa
levamos semanas agardando a que o Concello convoque a Mesa Xeral de
Negociación coa finalidade de aplicar os permisos e días de
vacacións por antigüidade que o goberno de Estado vén de lle
devolver ao persoal ao servizo da Administración estatal, mais o
concelleiro de Persoal foi claro “O CONCELLO PODE DEVOLVER ESE
DEREITO MAIS NON TEN OBRIGA DE FACELO”, recalcando que non é
obriga da Administración local do PSOE devolver estes dereitos
roubados polo goberno do Estado do PP, medidas fondamente criticadas
polos supostos socialistas e que agora non só retrasan a negociación
senón que insisten en que non teñen a obriga de devolver os
dereitos que o PP roubou co Decreto 20/2012, iso é coherencia e o
demais son parvadas!
En
todo caso, se nas vindeiras semanas non temos novas deste tema desde
a CIG solicitaremos unha reunión co alcalde para lle trasmitir a
nosa preocupación porque o goberno socialista non dea pasos de
inmediato para a recuperación de dereitos que o goberno do Estado do
Partido Popular nos roubou e que tanto criticou o seu partido cando
se publicou o decreto de recortes no ano 2012. Agora que ten a
posibilidade de que recuperemos algúns deles debería dar pasos
áxiles para que así sexa, e sería tan doado como convocar a Mesa
Xeral de Negociación que a Sección sindical da CIG solicitou hai xa
varias semanas.
Devolución do sexto
día de asuntos particulares
A
pesar de que a súa aplicación é indiscutible, solicitóuselle, ao
igual que por rexistro, tamén verbalmente ao concelleiro de Persoal
que o comunique en todos os departamentos para que todo o persoal
teña coñecemento dos seus dereitos e as actualizacións normativas
destes. Cómpre lembrar que para este ano 2015 na actualidade temos un total de sete días de asuntos particulares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario