Na investigación levaron
a cabo un metaanálise de 61 estudos anteriores cun total de 175.960
participantes e detectaron severidade en empresas respecto das
ausencias, aínda que estivesen xustificadas. Outro dos achados da
investigación é que este comportamento xorde moitas veces dun gran
sentido de compromiso coa empresa, algo que motiva a dar ese esforzo
extra que atenta contra a propia saúde e contra os intereses da
propia empresa, porque pode espallar a doenza a outros
traballadores/as.
O estudo, realizado por investigadores da
Universidade de East Anglia (Reino Unido) e a Universidade de
Concordia (Canadá) e publicado en Journal of Occupational Health
Psychology, indica que hai dous tipos diferentes de empregados que
van traballar a pesar de se atopar mal: os que se senten vulnerables
porque a súa situación económica e profesional lles provoca
tensión, e aqueles aos que lles gusta o seu traballo e lles resulta
difícil manterse afastados del.
Na investigación levaron a cabo un metaanálise de
61 estudos anteriores cun total de 175.960 participantes e detectaron
severidade en empresas respecto das ausencias, aínda que estivesen
xustificadas. Outro dos achados da investigación é que este
comportamento xorde moitas veces dun gran sentido de compromiso coa
empresa, algo que motiva a dar ese esforzo extra que atenta contra a
propia saúde e contra os intereses da propia empresa, porque pode
espallar a doenza a outros traballadores/as.
Nun estudo anterior, dirixido por Katherine Ashby,
para The Work Foundation, revelábase que ir traballar enfermo supón
para a empresa unha perda 1,5 veces maior que o feito de que o
empregado quede na casa recuperándose da súa doenza. O traballo
tamén sinala que os empregados que están nun ambiente laboral de
apoio e con boa relación cos seus supervisores, non se senten
presionados para ir ao traballo durante unha enfermidade. Ademais,
están máis satisfeitos laboralmente e teñen mellor saúde. O cal
podería ter unha consecuencia paradóxica: canto menos presiona a
empresa contra as ausencias por enfermidade, menos traballadores
enferman.
Ningún comentario:
Publicar un comentario