O
fallo conclúe que existiu un "nexo causal entre a acción
suicida e as circunstancias acaecidas na relación laboral, non
acreditándose outros factores personais alleos ao seu ámbito
laboral que puideran ter incidido na decisión". Así mesmo,
indícase que a relación entre decisión de suicidarse e os
problemas do empregado no traballo é "clara" e "non
pode tildarse de ilóxica ou arbitraria". O home saltou fronte a
un tren en marcha logo de que se lle abrise un expediente
disciplinario na empresa na que traballaba.
O
falecido traballaba nunha sucursal da Caixa de Aforros do
Mediterráneo; no seu exercicio profesional cometeu un erro que
acabou coa reclamación dunha clienta da entidade; o traballador
admitiu o erro dende un primeiro momento, indicando nun escrito
dirixido á dirección que o seu interés fora "incrementar as
cifras de negocio" da empresa; a raíz da reclamación, a caixa
abriu o expediente por faltas moi graves.
Co
fin de aclarar as posibles consecuencias do expediente disciplinario,
o traballador visitou a un abogado, que lle confirmou que o caso
podería acabar en despido. O home que, segundo manifestaba no
escrito enviado á dirección, estaba acostumbrado a contar coa
confianza da dirección e que non se vira nunha situación similar
nos seus 39 anos de experiencia profesional, quitouse a vida ese
mesmo día.
A
decisión do Tribunal, permitirá que a familia do traballador
incremente as cantidades que percible com pensión, pois en lugar de
empregar a base de cotización por continxencia común, se empregará
o salario que percibía o traballador no momento da súa morte.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario