A CIG DENUNCIA UNHA
NOVA PARALIZACIÓN DO NOVO CONVENIO COLECTIVO E CULPA AO GOBERNO
MUNICIPAL DO INCUMPRIMENTO DOS COMPROMISOS ACORDADOS
O persoal laboral paga
de xeito directo as consecuencias da nefasta xestión de persoal do
Concello de Betanzos cun convenio vixente desactualizado,
discriminatorio e que redunda na discriminación entre o persoal
laboral e o funcionariado.
Desde
o pasado 20 de xuño, data en que os representantes do Comité de
Empresa asinaron o novo convenio colectivo co alcalde, Ramón García,
o Concello de Betanzos ten paralizado o novo convenio colectivo nas
oficinas municipais e non o someteu á súa aprobación plenaria, a
pesar das múltiples promesas do concelleiro de Persoal, Diego
Fernández. Non é a primeira vez que acontece isto, porque hai que
lembrar que este convenio xa foi asinado en marzo de 2015 e negociado
previamente durante anos, polo que o único que demostra o alcalde
cunha nova paralización é unha total falta de vontade para que non
se solucionen problemas históricos do persoal laboral.
Desde
a Sección sindical da CIG denunciamos que esta
paralización da negociación moito nos tememos que pode supor un dos
maiores retrocesos para o persoal laboral do Concello de Betanzos por
culpa dun goberno empeñado en agravar as diferenzas co funcionariado
e que non é quen de dialogar cos seus propios traballadores. O
Comité de Empresa xa falou nun montón de ocasións co concelleiro
de Persoal, que fai caso omiso aos acordos cos traballadores, e non
se quere responsabilizar desta pésima actuación; mais mentres tanto
o tempo pasa, as discriminacións perpetúanse e redundan nunha
situación laboral de desigualdades, nomeadamente retributivas, que
cada día fan máis insostible a situación do persoal laboral do
Concello de Betanzos.
Para
os traballadores xa non serven as escusas, ano e medio logo de
chegarmos a un acordo, e logo de moitos anos de dificultosa
negociación, e de 21 000 euros pagados a unha empresa privada por un
asesoramento que aínda non se materializou en ningunha mellora,
somos os empregados públicos os maiores prexudicados pola ineficacia
do goberno municipal e reclamámoslle a Ramón García que lle dea
dunha vez por todas cumprimento aos acordos aos que chegou co persoal
laboral e faga efectiva unha política que comece a solucionar as
situacións discriminatorias existentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario