Está aberto o prazo para a presentación de
solicitudes de asistencia as acción formativas da segunda
convocatoria do Plan de formación agrupado 2017. O prazo
remata o xoves 15 de xuño.
As solicitudes deberanse encher e
presentar na plataforma telemática Subtel. Para acceder a esta
plataforma deberá ter unha conta de correo activa no Directorio
público local. De non tela, débese solicitar o máis axiña posible na súa
entidade a través dos representantes de Administración electrónica
ou ben dos interlocutores de formación.
Toda a información
relativa a esta convocatoria está dispoñible na páxina web de
formación da Deputación da Coruña :
- Bases da convocatoria
- Información dos cursos que se van realizar. Premendo no botón
"info" abrirase una ventá con toda a información de cada
acción formativa. É moi importante
que se fixe nos contidos, destinatarios, sedes e calendario/horario
de cada curso. Tome nota dos códigos e títulos dos cursos que lle
interesan para poder facer a solicitude na Subtel unha vez estea de
alta no Directorio público local xa que non se admitirán
solicitudes presentadas en papel coma ata agora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario