07/06/17

O Comité solicita unha reunión co alcalde logo de dúas semanas agardando a ser recibido polo concelleiro de Persoal

A representación do Comité de Empresa vén de solicitar unha reunión co alcalde do Concello para lle transmitir a súa preocupación por diversos temas logo de levar varias semanas agardando a que o concelleiro de Persoal os reciba. A reunión é para solicitar información sobre varios temas pendentes que lle afectan ao persoal laboral e transmitirlle a súa preocupación porque non se lles achega a información correspondente nin se dá convocado a Comisión Paritaria de seguimento do convenio colectivo a pesar de diversas solicitudes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario