O
pasado 18 de xullo constituise a Comisión Paritaria mixta de
seguimento e control do convenio colectivo do persoal laboral, logo
de varias solicitudes do Comité de Empresa e que está composta por
dous membros do goberno municipal e un representante de cada un dos
sindicatos con representación no Comité de Empresa coa
representatividade que lles corresponde.Nesta reunión o goberno
municipal demostrou que segue na liña da negociación e de consenso
cos representantes do persoal laboral con respecto á interpretación
do convenio colectivo vixente e aceptou varias das propostas
presentadas pola Sección sindical da CIG. A UGT, pola súa parte,
non presentou ningunha proposta con respecto aos puntos da orde do
día.
INTERPRETACIÓN
SOBRE A CLÁUSULA TRANSITORIA III DO CONVENIO
“O
Complemento Persoal Transitorio do persoal laboral do Concello de
Betanzos non poderá ser incrementado nin revalorizado e absoberase
segundo os seguintes criterios:
a)
A absorción operará sobre o importe total de calquera futura
mellora retributiva que afecte ao complemento específico.
b)
No caso de que o cambio de posto de traballo supoña unha diminución
de retribucións, manterase o complemento persoal transitorio fixado,
a cuxa absorción se imputará calquera mellora retributiva
posterior, mesmo as que poidan derivarse dun novo posto de traballo
que afecte ao complemento específico.
c)
Non terán consideración de melloras retributivas as derivadas do
perfeccionamento de novos trienios, a percepción de retribucións
complementarias que non teñan carácter de fixas na súa contía nin
periódicas no seu devengo, o incremento xeral das retribucións
básicas que poidan establecer anualmente os correspondentes
orzamentos.”
CRITERIOS
PARA APLICAR NO RECOLLIDO NO ANEXO III DO CONVENIO
Adoptouse
un acordo con respecto aos conceptos máis claros que veñen
recollidos no anexo III do convenio colectivo e que se pagarán ao
abeiro deste complemento os traballos realizados fóra de xornada na
limpeza, apertura e peche de instalacións e notificacións, xunto
coa gravación e cobertura dos plenos, así como os relacionados coas
actividades das festas, recoñecéndose como festas a Feira Medieval
e as Festas de San Roque. Ficou pendente o concepto “eventos”
porque non se chegou a un acordo coa proposta presentada polo
Concello, que non tiña un criterio claro no recoñecemento duns
actos como eventos e outros non. Non obstante chegouse ao acordo de
que os representantes sindicais presentasen unha proposta que o
Concello cuantificaría economicamente para logo reunir outra vez a
Comisión paritaria e adoptar un acordo. Así mesmo, ficou claro que
o máximo anual de horas extraordinarias é o permitido pola
lexislación vixente, que son 80 horas, independentemente de que se
cobren a través deste complemento, que supón un incremento con
respecto ao que se cobra pola horas normais.
MODIFICACIÓN
DE ENGADIDO AO ANEXO I
Con
respecto ás horas extraordinarias acordouse facer unha nova
modificación de engadido ao Convenio colectivo para actualizar as
táboas en función dos incrementos retributivos permitidos polas
leis de orzamento estatais. Ficaría, pois, por tanto, pedente unha
actualización das contías das horas extraordinarias coa suba do 1%
do ano 2016 e pendente da aprobación dos orzamentos deste ano a suba
do 1% relativa ao 2017.
SUBA
DO 1%
Instouse
ao Concello a que realizase canto antes a suba do 1% aprobada nos
orzamentos estatais e o Concello dixo que se realizaría esta suba
unha vez que os orzamentos do Concello de aprobasen de xeito
definitivo, posto que contiñan a previsión orzamentaria para esta
suba. Así mesmo, unha vez que se realizase esta suba o Concello
debería devolver os atrasos desde o 1 de xaneiro da suba do 1%.
OUTROS
Transmitiuse
un problema con respecto á interpretación arbitraria da
compensación / redución do horario de verán e solicitouse que en
servizos que se requira haxa un criterio unitario para todo o persoal
e non criterios diverxentes e arbitrarios que, ademais, se aplican de
xeito indiscriminado. Fíxose alusión a este problema na Escola
Infantil Municipal e a que o Concello utilizase criterios unitarios e
non arbitrarios na aplicación dos dereitos.
Varios
Tamén
se insistiu en que o Concello constitúa a Comisión Paritaria de
Igualdade, que se elabore o novo regulamento de axudas sociais, que
se negocien os horarios e calendarios especiais e que se habilite o
sistema para a comunicación dos días de ausencia por indisposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario