Hai xa varios anos e con motivo de diversos eventos os delegados de prevención de riscos laborais vense na obriga de presentar queixar porque o Concello teima en utilizar a Casa Consistorial como almacén, co que isto supón para os traballadores e para a cidadanía que accede ao edificio. Estas oficinas convértese nun almacén de instrumentos, cadeiras e estandartes varios, ademais o continuo trásito de trastes dificulta o traballo das oficinas e imposibilita que a actividade administrativa se poida desenvolver con normalidade.
A queixa vén dada porque este edificio non está avaliado como almacén e o Concello de Betanzos, no seu total desprezo polo traballo que desenvolve o persoal que traballa nestas oficinas, ignora as queixas dos delegados e do persoal afectado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario