A
RPT está en fase de consulta e participación e pódense presentar
achegas, alegacións ou suxestións ata o vindeiro 25/08/2017.
En
principio está accesible na intranet municipal e a CIG solicitou que
estivese accesible para o todo persoal que ten acceso ao cartafol
compartido na que está colgada. Así mesmo, o propio concelleiro de Persoal informou que calquera traballador que non teña acceso a este sistema e queira consultala pode ir ao Departamento de Persoal. Así mesmo, os/as
traballadores/as que que queiran consultala poderán facelo no local
sindical do Comité de Empresa os seguintes días:
31
de xullo (12:00 h - 14:00 h)
4
de agosto (12:00 h - 14:00 h)
Calquera
traballador/a laboral que teña algunha dúbida sobre este tema pode
achegarse eses días ou, se non puidese, poñerse en contacto con
calquera dos delegados da CIG. Tamén podedes traslarnos as vosas consultas en cigconcellobetanzos@gmail.com.
Tal e como xa nos trasladou o goberno
municipal este é un primeiro borrador, polo que entendemos que este
é o momento de facer achegas, polo momento estamos estamos
analizando polo miúdo o documento e tentaremos facer o máiximo
número de achegas posible a comezos de agosto, como sempre fixemos
ata o momento. Así mesmo, animamos a todos os traballadores a que
fagan as achegas que estimen de cara a participar neste proceso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario