Cláusula transitoria primeira. Complemento persoal transitorio
Conforme
establece o artigo 29 do presente convenio colectivo, aquel persoal
que actualmente ten unha retribución anual superior á establecida
no sistema retributivo transitorio do Anexo I, respectaráselle os
seus dereitos económicos adquiridos e consolidados.
Por
isto, aquel persoal que actualmente perciba unha retribución anual
superior á establecida no referido Anexo I terá dereito á
percepción dun complemento persoal de carácter transitorio e
absorbible.
Este
complemento persoal será transitorio e terá vixencia en tanto o
sistema retributivo aplicable sexa o que se fixa no anexo I do
convenio colectivo. É dicir, deberá aboarse en tanto non se teña
aprobado a RPT ou instrumento organizativo similar. A contía do dito
complemento será a diferenza, en cómputo anual, existente entre as
retribucións que se perciben na actualidade e as retribucións que
establece o Anexo I do presente convenio colectivo.
Na actualidade os delegados sindicais descoñecen o número de traballadores que dispoñen deste Complemento, porque o Concello non lle facilitou os datos ao Comité de Empresa, a pesar de que os solicitou nada máis entrou en vigor o convenio.
A única información que teñen sobre traballadores que o perciben na actualidade é un escrito asinado por dezaseis traballadores que lle achegaron ao Comité de Empresa transmitindo as súas inquedanzas con respecto á situación logo da entrada en vigor do Convenio colectivo, momento en que o Concello decidiu unilateralmente e sen negociación que todos os incrementos retributivos derivados non só da aplicación do convenio, senón tamén da aplicación das leis de orzamento estatais serían absorbidas por ese complemento.
A única información que teñen sobre traballadores que o perciben na actualidade é un escrito asinado por dezaseis traballadores que lle achegaron ao Comité de Empresa transmitindo as súas inquedanzas con respecto á situación logo da entrada en vigor do Convenio colectivo, momento en que o Concello decidiu unilateralmente e sen negociación que todos os incrementos retributivos derivados non só da aplicación do convenio, senón tamén da aplicación das leis de orzamento estatais serían absorbidas por ese complemento.
O Comité de Empresa xa solicitou en diversas ocasións que se constitúa a Comisión Paritaria de cara a definir os criterios de absorción do Complemento Persoal, así como a aplicación do Complemento de Funcións Extraordinarias e o Complemento de Dispoñibilidade recollidos no convenio colectivo. Son varias máis as cuestións que haberá que tratar, posto que o Concello leva desde a entrada en vigor do convenio sen lle pagar horas extras ao persoal laboral (mes de abril) e está pendente o incremento do 1% de 2016 e do 1% de 2017 nas contías recollidas no convenio colectivo.
Nestes días desde a sección sindical da CIG están a achegarlle aos traballadores con complemento persoal unha proposta de criterios de absorción do devandito complemento que tentarán negociar co goberno municipal e que consideran menos lesiva para os intereses deste persoal, sempre tendo en conta que estamos falando de postos cuxas retribucións anuais son superiores ás do resto do persoal do mesmo grupo e que se entende que esta é unha situación temporal e pendente da valoración dos complementos específicos na nova Relación de Postos de Traballo, tal e como recolle, así mesmo, o propio convenio colectivo. Segundo os datos cos que conta o Comité de Empresa do persoal laboral sobre os complementos persoais e que veñen dunhas táboas salariais facilitadas no ano 2015 polo Concello de Betanzos, este tipo de complementos irían dos douscentos euros anuais aos trece mil euros anuais (CPT máis baixa e máis alta respectivamente) por riba dos salarios do convenio e que cobra o resto do persoal do mesmo grupo.
Hai que lembrar que o Convenio colectivo do persoal laboral foi aprobado polos traballadores sen ningún voto en contra na asemblea de traballadores reunida para o efecto o 19 de marzo de 2015 e que supuxo a equiparación das retribucións co funcionariado (coas diferenzas de complementos específicos e e de destino correspondentes) e unha suba de salario para a maioría do persoal laboral, a equiparación por categoría de todos os traballadores, a solución a discriminacións históricas no cobro de complementos e o mantemento dos salarios dos traballadores que coa aplicación da nova táboa salarial seguen tendo uns salarios anuais superiores aos marcados no convenio colectivo, a través da creación do complemento persoal transitorio e absorbible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario