A pasada semana finalizou o prazo para que os sindicatos que están na negociación da nova Relación de Postos de Traballo fixesen as últimas achegas neste proceso que comezou a finais de 2017.
Ata o momento, o goberno municipal chegara a acordos no relativo á asignación de niveis e os factores de valoración do complemento específico con CSIF, CCOO e UGT, e a CIG amosou desde o comezo a súa discrepancia cun documento que en realidade non valora os postos de traballo e que parte dunha distinción de nivel entre persoal laboral e funcionariado alegando unha menor responsabilidade que na realidade é inexistente e menosprezando claramente os postos do persoal laboral.
Na última reunión só ficaba pendente a asignación das distintas escalas a cada un dos factores do complemento específico e as achegas que cumpría facer ata o pasado 6 de abril. En principio, se todo segue como o previsto logo destas propostas habería unha reunión final sobre a Relación de Postos de Traballo. No caso de que o goberno municipal chegase a un acordo cos sindicatos que ata o momento viñan aceptando as súas propostas e acordase unha nova RPT esta debería someterse a acordo plenario, se se aprobase no pleno de xeito inicial abriría un prazo para facer alegacións, ata que logo se estimen ou desestimen e se aprobaría de xeito definitivo, sempre ficando a vía de levar as alegacións a outra instancia no caso de que sexan desestimadas.
A CIG rexistrou e enviou a Quorum Económico SL (que realmente é con quen parece que se está a negociar o documento), ao Departamento de Persoal e mais ao concelleiro de Persoal o seguinte documento referente ás propostas pendentes mais tamén ao resto de cuestións que reiterou en diversas ocasións nas mesas de negociación que durante este meses tiveron lugar pola RPT.
Ningún comentario:
Publicar un comentario