O pasado luns 9 de abril tivo lugar, logo de múltiples peticións e escritos por parte do Comité de Empresa, a Comisión Paritaria do Convenio Colectivo. Nesta reunión acordáronse unha serie de modificacións do Convenio colectivo que irán, segundo indicou o concelleiro, ao pleno de maio de 2018. Unha vez que se aproben e se publiquen no Boletín Oficial da Provincia entrarían en vigor.
Con respecto ás cuestións acordadas a CIG solicitoulle celeridade, posto que en moitos casos supoñen unha perda nas retribucións (caso da CPT e importe horas extraordinarias) pola interpretación unilateral que o Concello fixo do Convenio colectivo en abril de 2017. Así mesmo, desde o comezo entendimos que a Comisión era a encargada de interpretar o Convenio e non era preciso que se aprobasen as novas modificacións, mais o goberno teimou en que era preceptivo facer as modificacións para que entrasen en vigor.
No relativo ás horas extraordinarias o persoal laboral leva perdido un 2% con respecto ao funcionariado pola interpretación que o Concello fixo do Colectivo. Polo que respecta á definición do termo "eventos" para o cobro do complemento de funcións extraordinarias o goberno teimou en deixar fóra grande parte da programación municipal e privilexiar as festas patronais e a Feira Medieval, que lle afectarían só a determinados departamentos. Tendo en conta esta decisión, e o conflito laboral derivado do non recoñecemento dos postos do persoal laboral temporal na RPT, e consecuente non recoñecemento da dispoñibilidade para a programación dalgún persoal municipal, o persoal excluído do cobro deste complemento, tendo en conta que non ten obrigatoriedade da realización das horas extras posto que as de programación non son por causa de forza maior, terá que valorar se continúa facer un traballo non recoñecido no posto nin considerado relevante para o Concello.
As modificacións acordadas no Convenio colectivo pola Comisión Paritaria do 9 de abril de 2018 foron as seguintes (subliñadas):
Artigo
22.º Xornada laboral.
2.
A xornada ordinaria de traballo do Concello de Betanzos
realizarase, con carácter xeral, nas mañás de luns a venres, entre
as 09:00 h e as 14:30 h de cada día, agás modificacións ou
flexibilidades negociadas coa representación sindical e con
independencia dos horarios específicos que se estableza nos servizos
con especiais características. O tempo de traballo restante ata
completar a xornada semanal realizarase en horario flexible, entre as
07:30 h e as 15:30 h, ou as tardes dos luns, martes, mércores,
xoves ou venres.
Cláusula
transitoria primeira. Complemento persoal transitorio
Conforme
establece o artigo 29 do presente convenio colectivo, aquel persoal
que actualmente ten unha retribución anual superior á establecida
no sistema retributivo transitorio do Anexo I, respectaráselle os
seus dereitos económicos adquiridos e consolidados.
Por
isto, aquel persoal que actualmente perciba unha retribución anual
superior á establecida no referido Anexo I terá dereito á
percepción dun complemento persoal de carácter transitorio e
absorbible.
Este
complemento persoal será transitorio e terá vixencia en tanto o
sistema retributivo aplicable sexa o que se fixa no anexo I do
convenio colectivo. É dicir, deberá aboarse en tanto non se teña
aprobado a RPT ou instrumento organizativo similar. A contía do dito
complemento será a diferenza, en cómputo anual, existente entre as
retribucións que se perciben na actualidade e as retribucións que
establece o Anexo I do presente convenio colectivo.
Este
complemento persoal transitorio non poderá ser incrementado nin
revalorizado e absoberase segundo os seguintes criterios:
a)
A absorción operará sobre o importe total de calquera futura
mellora retributiva que afecte ao complemento específico ou ao valor
dos trienios por antigüidade.
b)
No caso de que o cambio de posto de traballo supoña unha diminución
de retribucións, manterase o complemento persoal transitorio fixado,
a cuxa absorción se imputará calquera mellora retributiva
posterior, mesmo as que poidan derivarse dun novo posto de
traballoque afecte ao complemento específico ou ao valor dos
trienios por antigüidade.
c)
Non terán consideración de melloras retributivas as derivadas do
perfeccionamento de novos trienios, a percepción de retribucións
complementarias que non teñan carácter de fixas na súa contía nin
periódicas no seu devengo, o incremento xeral das retribucións
básicas que poidan establecer anualmente os correspondentes
orzamentos.
d)
Previamente pasarase a informe da Secretaría e da Intervención
municipal. Os incrementos, sempre que os informes sexan favorables,
aplicaranse con efectos retroactivos.
ANEXO
I. Valor económico das horas extraordinarias
Estes
importes experimentarán o incremento que determine, para cada
exercicio, a Lei de orzamentos xerais do Estado e restante normativa
de aplicación. Os incrementos, sempre que os informes sexan
favorables, aplicaranse con efectos retroactivos.
ANEXO
III
Os
traballos realizados fóra da xornada de traballo na limpeza,
apertura e peche de instalacións e notificacións, xunto coa
gravación e cobertura dos plenos, así como os relacionados coas
actividades de festas patronais e eventos organizados polo
Concello (eventos consolidados dunha duración mínima de tres días
e coincidindo en festivos ou sábado ou domingo dous dos días de
celebración), a contía do complemento de funcións
extraordinarias será a equivalente ao valor de 1,5 horas extras
festivas.
O
persoal encargado do mantemento da iluminación pública percibirá a
cantidade de 1200 euros ao ano en concepto de dispoñibilidade. Cando
sexan chamados para reparar unha avaría fóra do seu horario de
traballo contabilizarán como horas extraordinarias as comprendidas
entre a chamada e a resolución da avaría ou a determinación da
incapacidade para resolvela. Estas horas serán retribuídas tal e
como determina o Convenio para as horas extraordinarias. Esta
dispoñibilidade cobrarase en doce mensualidades e distribuirase
entre aqueles membros do servizo que sexan nomeados para tal
cometido. No suposto de que só a teña un/ha traballador/a esta será
cobrada en once mensualidades, quedando unha dispoñible para o/a
traballador/a que obrigatoriamente deba substituílo no período
vacacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario