O texto subliñado é que se modificará.
Artigo
22.º Xornada laboral.
2.
A xornada ordinaria de traballo do Concello de Betanzos
realizarase, con carácter xeral, nas mañás de luns a venres, entre
as 09:00 h e as 14:30 h de cada día, agás modificacións ou
flexibilidades negociadas coa representación sindical e con
independencia dos horarios específicos que se estableza nos servizos
con especiais características. O tempo de traballo restante ata
completar a xornada semanal realizarase en horario flexible, entre as
07:30 h e as 15:30 h, ou as tardes dos luns, martes, mércores,
xoves ou venres.
Cláusula
transitoria primeira. Complemento persoal transitorio
Conforme
establece o artigo 29 do presente convenio colectivo, aquel persoal
que actualmente ten unha retribución anual superior á establecida
no sistema retributivo transitorio do Anexo I, respectaráselle os
seus dereitos económicos adquiridos e consolidados.
Por
isto, aquel persoal que actualmente perciba unha retribución anual
superior á establecida no referido Anexo I terá dereito á
percepción dun complemento persoal de carácter transitorio e
absorbible.
Este
complemento persoal será transitorio e terá vixencia en tanto o
sistema retributivo aplicable sexa o que se fixa no anexo I do
convenio colectivo. É dicir, deberá aboarse en tanto non se teña
aprobado a RPT ou instrumento organizativo similar. A contía do dito
complemento será a diferenza, en cómputo anual, existente entre as
retribucións que se perciben na actualidade e as retribucións que
establece o Anexo I do presente convenio colectivo.
Este
complemento persoal transitorio non poderá ser incrementado nin
revalorizado e absoberase segundo os seguintes criterios:
a)
A absorción operará sobre o importe total de calquera futura
mellora retributiva que afecte ao complemento específico.
b)
No caso de que o cambio de posto de traballo supoña unha diminución
de retribucións, manterase o complemento persoal transitorio fixado,
a cuxa absorción se imputará calquera mellora retributiva
posterior, mesmo as que poidan derivarse dun novo posto de
traballoque afecte ao complemento específico.
c)
Non terán consideración de melloras retributivas as derivadas do
perfeccionamento de novos trienios, a percepción de retribucións
complementarias que non teñan carácter de fixas na súa contía nin
periódicas no seu devengo, o incremento xeral das retribucións
básicas que poidan establecer anualmente os correspondentes
orzamentos.
d)
Previamente pasarase a informe da Secretaría e da Intervención
municipal. Os incrementos, sempre que os informes sexan favorables,
aplicaranse con efectos retroactivos.
ANEXO
I. Valor económico das horas extraordinarias
Estes
importes experimentarán o incremento que determine, para cada
exercicio, a Lei de orzamentos xerais do Estado e restante normativa
de aplicación. Os incrementos, sempre que os informes sexan
favorables, aplicaranse con efectos retroactivos.
ANEXO
III
Os
traballos realizados fóra da xornada de traballo na limpeza,
apertura e peche de instalacións e notificacións, xunto coa
gravación e cobertura dos plenos, así como os relacionados coas
actividades de festas patronais e eventos organizados polo
Concello (eventos consolidados dunha duración mínima de tres días
e coincidindo en festivos ou sábado ou domingo dous dos días de
celebración), a contía do complemento de funcións
extraordinarias será a equivalente ao valor de 1,5 horas extras
festivas.
O
persoal encargado do mantemento da iluminación pública percibirá a
cantidade de 1200 euros ao ano en concepto de dispoñibilidade. Cando
sexan chamados para reparar unha avaría fóra do seu horario de
traballo contabilizarán como horas extraordinarias as comprendidas
entre a chamada e a resolución da avaría ou a determinación da
incapacidade para resolvela. Estas horas serán retribuídas tal e
como determina o Convenio para as horas extraordinarias. Esta
dispoñibilidade cobrarase en doce mensualidades e distribuirase
entre aqueles membros do servizo que sexan nomeados para tal
cometido. No suposto de que só a teña un/ha traballador/a esta será
cobrada en once mensualidades, quedando unha dispoñible para o/a
traballador/a que obrigatoriamente deba substituílo no período
vacacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario