A pasada semana o concelleiro de Persoal, Diego Fernández, convocou aos delegados sindicais a unha xuntanza polo Plan de Igualdade Municipal coa seguinte comunicación:
No III Plan de Igualdade do Concello de Betanzos 2017-2021, enmarcado na área de actuación 1: "Concienciación e sensibilización social", e dentro dela no obxectivo 1.5. "Promover os valores de Igualdade entre o persoal municipal, sensibilizar desde a Administración local con exemplos que clarifiquen boas prácticas" e máis concretamente na acción 1.5.1. "Elaboración dun Plan de igualdade interno de aplicación na Administración municipal" recóllese a creación dunha Comisión Paritaria de Igualdade, coa finalidade da elaboración do devandito plan interno.
Debido a isto, compráceme convocarte a unha xuntanza que terá lugar o mércores 9 de maio ás 11:00 horas na Sala de Xuntas do Edificio Liceo.
Hai que lembrar que está pendente de constituír a Comisión Paritaria de Igualdade derivada do Convenio Colectivo, que entre outras funcións tería a de elaborar o devandito plan. O Comité de Empresa xa tratou este tema en diversas ocasións, como se pode comprobar aquí, aquí e aquí; leva máis dun ano solicitando que se constitúa a Comisión tal e como indica e lembrándolle o artigo 75 do Convenio Colectivo que indica o seguinte con respecto ás medidas de acción positiva:
Debido a isto, compráceme convocarte a unha xuntanza que terá lugar o mércores 9 de maio ás 11:00 horas na Sala de Xuntas do Edificio Liceo.
Hai que lembrar que está pendente de constituír a Comisión Paritaria de Igualdade derivada do Convenio Colectivo, que entre outras funcións tería a de elaborar o devandito plan. O Comité de Empresa xa tratou este tema en diversas ocasións, como se pode comprobar aquí, aquí e aquí; leva máis dun ano solicitando que se constitúa a Comisión tal e como indica e lembrándolle o artigo 75 do Convenio Colectivo que indica o seguinte con respecto ás medidas de acción positiva:
Artigo
76.º Medidas de acción positiva.
Co
fin de contribuír a aplicación do principio de non discriminación,
é preciso desenvolver unha acción positiva, particularmente nas
condicións de contratación, formación e promoción, de xeito que
en igualdade de condicións de idoneidade terán preferencia as
persoas do xénero menos representado.
As
organizacións asinantes do presente convenio consideran a formación
continua como un dos elementos claves para rematar coa segregación
laboral por sexos dentro da empresa. Por este motivo, organizaranse
cursos de formación e perfeccionamento nos que se lles dará
preferencia para o acceso a aquelas persoas do xénero menos
representado nas actividades de formación. Poderanse tamén
organizar cursos de formación destinados á mellora das condicións
de traballo das mulleres dentro da empresa, dirixidos especificamente
a este colectivo, e orientados cara a mellora das súas condicións
laborais ou á incorporación en postos ou categorías nas que a súa
presenza sexa considerabelmente menor á presenza masculina.
Organizaranse
actividades formativas relacionadas coa igualdade de oportunidades
dirixidas ao departamento de recursos humanos e delegados/as de
persoal.
O
Concello de Betanzos elaborará cun Plan de igualdade que será
negociado co Comité de Empresa. As partes asinantes deste convenio
comprométense a aprobar no prazo dun ano desde a entrada en vigor do
convenio un informe da situación de mulleres e homes dentro da
empresa, enumerando todas as desigualdades detectadas.
Para
a elaboración deste informe crearase unha Comisión Paritaria de
Igualdade, que terá unha composición equilibrada de mulleres e
homes. Esta encargarase da elaboración dos cuestionarios,
supervisión da recollida de dados, etc. Este informe será debatido
e aprobado, se é o caso, por parte da representación sindical, coas
emendas que considere oportunas. Unha vez aprobado, no prazo de 6
meses elaborarase por parte da Comisión de Igualdade un documento
proposta de plan de igualdade que deberá conter unha relación de
obxectivos concretos a cumprir derivados das situacións de
desigualdade detectadas e tendentes a mellorar a conciliación da
vida familiar, persoal e laboral; a protección fronte ao acoso
sexual e por razón de sexo do persoa,; así como accións concretas
destinadas á consecución dos obxectivos citados; prazos de
implantación do plan; unha fórmula de avaliación deste.
Unha
vez aprobado o documento distribuirase entre todo o persoal da
empresa, debendo ser avaliado periodicamente para facer un seguimento
dos resultados acadados.
Así mesmo, o pasado 5 de marzo a CIG instou ao Concello de Betanzos a que aprobase un protocolo contra o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade e seguirá insistindo na necesidade de que o Concello leve adiante medidas encamiñadas a garantir a igualdade e a non discriminación entre os traballadores e traballadoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario