As
persoas que formamos a candidatura da CIG nestas eleccións sindicais
adquirimos de antemán o compromiso de defender con firmeza nas Mesas
de Negociación acordos colectivos únicos para persoal laboral e
funcionario (fixo e temporal), sobre a base da homologación e non
discriminación nas condicións de traballo, que recollan as
seguintes reivindicacións:
CONVENIO
COLECTIVO
- Negociación do convenio colectivo no relativo á xornada laboral e flexibilidade, así como horarios especiais e o rexistro da xornada laboral e aplicación en igualdade para a totalidade do persoal do Concello.
- Aplicación do convenio colectivo á totalidade do persoal laboral (fixo e temporal), incluído o persoal dos obradoiros de emprego.
- Negociación das retribucións, así como dos complementos retributivos do persoal laboral.
- Inclusión dunha cláusula sobre as condicións do profesorado do Conservatorio de Música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario