As
persoas que formamos a candidatura da CIG nestas eleccións sindicais
adquirimos de antemán o compromiso de defender con firmeza nas Mesas
de Negociación acordos colectivos únicos para persoal laboral e
funcionario (fixo e temporal), sobre a base da homologación e non
discriminación nas condicións de traballo, que recollan as
seguintes reivindicacións:
IGUALDADE
- Elaboración e implantación dun Plan de igualdade interno.
- Eliminación das discriminacións salariais entre homes e mulleres.
- Aprobación dun protocolo de actuación no embarazo e na lactación.
- Inclusión na RPT dos postos que non teñen risco para o embarazo.
- Medidas de acción positiva na contratación, formación e promoción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario