Ábrese o prazo para inscribirse aos cursos da 2ª convocatoria do Plan de formación agrupado 2019 que organiza a Deputación da Coruña e que van dirixidos ao persoal das entidades locais da provincia.
As solicitudes presentaranse a través da plataforma telemática Subtel. Para acceder a esta plataforma deberá ter unha conta de correo activa no Directorio público local. De non tela, solicítea o mais axiña posible na súa entidade a través dos respresentantes de Administración electrónica ou ben dos interlocutores de formación. A activación das contas no Directorio non é automática polo que se tarda en solicitala corre o risco de que se lle pase o plazo de matrícula.
Toda a información relativa a esta convocatoria está dispoñible na web de Formación www.dacoruna.gal/formacion que conta cos seguintes apartados:
- Bases da convocatoria
- Información dos cursos que se van realizar. Premendo no botón "info" abrirase una ventá con toda a información de cada acción formativa. É moi importante que se fixe nos contidos, destinatarios, sedes e calendario/horario de cada curso. Tome nota dos códigos e títulos dos cursos que lle interesan para poder facer a solicitude na plataforma Subtel.
- Compensacións horarias (só para o persoal da Deputación).
Se ten dúbidas en relación co funcionamento de Subtel ou o directorio público local, póñase en contacto co CAU no teléfono 981 080 555.
Se precisa algunha aclaración sobre calquera aspecto do Plan de formación agrupado 2019 póñase en contacto coa Sección de Formación nos teléfonos 981 080 385, 981 080 810 ou 981 080 259.
O prazo de inscrición aos cursos remata o xoves, 20 de xuño de 2019.
Podes consultar os cursos que se van realizar aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario