Eludiu abordar a cuestión na Mesa
Xeral de Empregadas/os Públicas/os
A CIG-Administración Autonómica
denuncia que a Xunta renunciou a regular a compatibilidade do persoal
fixo descontinuo con outro posto de traballo nos períodos de
inactividade deste contrato na Mesa Xeral de Empregados/as
Públicos/as abocando a estas traballadoras e traballadores á
precariedade.
Explica que se trata de contratos que
teñen, en moitas ocasións, xornada igual ou inferior, sen chegar ao
Salario Mínimo Interprofesional (SMI) en cómputo anual (exemplo 5
meses). Así converten aos traballadores e traballadoras que ocupan
postos fixos descontinuos “en empregados públicos escravos e
condenados a precariedade”, denuncia.
Fronte a isto consideran que esta
interpretación torticeira da normativa estatal de incompatibilidades
por parte de Función Pública “vulnera o dereito ao traballo do
persoal e ao sostemento das familias dun xeito digno”.
Por todo isto, a CIG-Adminsitración
Autonómica vén de solicitar na Mesa Xeral de Empregados Públicos
que a Xunta rectifique e habilite normativamente a posibilidade de
compatibilizar os períodos de inactividade do contrato (suspensión)
con outra actividade retribuída. Do mesmo xeito solicita que se
permita cautelarmente a compatibilidade das solicitudes mentres se
tramita a nova norma.
Nesta mesa “a Xunta renuncia de
cabeza a intentar solucionar o problema da incompatibilidade e afirma
que non é competente para facelo. Sabemos que si se pode si se quere
polo que dende a CIG - Autonómica instamos á Xunta a que defenda ao
seu persoal e non pechamos ningunha outra vía para conseguilo”,
conclúen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario