10/02/20

A Inspección de Traballo apercibe ao Concello e dálle a razón á CIG

O pasado ano logo de que o goberno municipal ignorase unha solicitude de adaptación do posto de traballo en ata dúas ocasións, e que se rexistrou no ano 2018, e reiterouse no ano 2019, a CIG acudiu á Inspección de Traballo, xa que a Administración tiña a obriga de lle responder ao persoal que solicita unha adaptación do posto de traballo por motivos de saúde e non ignorala, tal e como ignora os dereitos dos traballadores e traballadoras. Ademais a CIG indicoulle á Inspección que este tema xa o levara á reunión do Comité de Seguridade e Saúde de decembro de 2018, sen éxito de resposta nin de cumprimento da lexislación en materia de saúde laboral.

Antes de acudir á Inspección, pasaron 14 meses desde que entrara por rexistro esta solicitude, mais á vista de que o goberno municipal ignoraba os dereitos de adaptación dos postos que recolle o convenio colectivo e mais a lexislación laboral, a CIG decidiu comunicarlle a situación ao organismo provincial para que tomase cartas no asunto. 

Nos pasados días chegounos a comunicación da Inspección, que tamén lle enviou ao goberno municipal e á presidencia do Comité de Empresa, na que lle requite ao Concello QUE NON VOLVA A INCORRER NAS MESMAS IRREGULARIDADES DETECTADAS NO EXPEDIENTE DE SOLICITUDE DE ADAPTACIÓN DO POSTO DE TRABALLO, QUE PROCEDA Á TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES COA CELERIDADE DEBIDA E LEVE A CABO AS ACTUACIÓNS LEGALMENTE PREVISTAS PARA A DEBIDA PROTECCIÓN DA SEGURIDADE E SAÚDE DOS TRABALLADORES, ESPECIALMENTE NO CASO DE TRABALLADORES SENSIBLES.

Igualmente a Inspección provincial, no trámite desta denuncia, detectou que o goberno municipal non realizara a avaliación de riscos do posto de traballo, non realizou a formación preventiva a ningún dos traballadores e traballadoras do Concello nin lles entregara os Equipos de Protección Individual ao persoal. Logo destas percepcións A INSPECCIÓN INSTOU AO CONCELLO A QUE REALIZASE A FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS DA TOTALIDADE DO PERSOAL, QUE ESTÁ A REALIZAR NA ACTUALIDADE E ENTREGOULLES OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL AOS TRABALLADORES.

A Inspección de Traballo, pois, non só lle requiriu ao Concello que non volva a incorrer neste desleixo e vulnere os dereitos do persoal, senón que instou a que cumprise algunhas das obrigas recollidas na Lei deprevención do ano 1995, que no Concello de Betanzos aínda se ignora no ano 2020.

Ningún comentario:

Publicar un comentario