Os cambios máis significativos respecto á versión do 13 de
abril afectan ao apartado de “Medidas previas ao inicio da
actividade”.
Substitúense os
dous últimos parágrafos polo seguinte:
As persoas
traballadoras especialmente sensibles (TES) á COVID-19 son as que
están incluidas nos grupos vulnerables e ademáis a valoración do
seu posto de traballo determinou que existe un risco medio, alto ou
moi alto en relación coa exposición ao SARS-CoV-2. Non se terá en
conta o risco baixo por ser similar ao comunitario. Estes casos
deberán ser valorados polo persoal sanitario do Servizo de
prevención de riscos laborais (SPRL), e de ser cualificados como
especialmente sensibles, deberánse propoñer as medidas preventivas
adecuadas para minimizar o risco no medio laboral (colectivas ou
individuais, adaptación de tarefas, reubicación...). Se non se
poden adoptar as medidas preventivas, o Médico do Traballo do SPRL
emitirá un INFORME para o médico de atención primaria.
O médico de
atención primaria será quen poderá emitir a baixa laboral ao
persoal traballador afectado polo coronavirus, tanto nas situacións
de enfermidade, de illamiento preventivo e a outro persoal que o
precise como é o caso dos especialmente sensibles sen posibilidade
de adoptar as medidas preventivas adecuadas. Considerase unha
situación asimilada a accidente de traballo para a prestación
económica, pero a continxencia a cumprimentar será sempre de
enfermidade común.
Ningún comentario:
Publicar un comentario