A Lei 5/2021 de impulso demográfico de Galicia modificou a Lei 2/2015 do emprego público de Galiza que no artigo 106 fica como segue:
«1. O persoal ao servizo da Administración pública galega, nos termos que regulamentariamente se determinen, ten dereito á flexibilidade horaria da súa xornada de traballo por motivos de conciliación familiar cando se atope nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter fillos ou fillas ou persoas acollidas menores de idade ou fillos ou fillas maiores de idade incapacitados xudicialmente ao seu cargo.
b) Convivir con familiares que, por enfermidade ou avanzada idade, necesiten de asistencia ou ter ao seu cargo a persoas con discapacidade até o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.
c) Ser vítimas de violencia de xénero as empregadas públicas.
d) Atoparse en proceso de nulidade, separación ou divorcio, desde a interposición da demanda xudicial ou desde a solicitude de medidas provisionais previas até transcorridos tres meses desde a citada demanda ou solicitude.
2. Entenderase por flexibilidade horaria a realización da xornada de traballo nun horario diario de referencia fixado en cada caso pola Administración adaptado ás necesidades da persoa empregada pública. O horario diario de referencia fixarase salvagardando as necesidades do servizo e dentro do marco horario establecido pola Administración con carácter xeral».
Ningún comentario:
Publicar un comentario