A CIG advertiu na Mesa Xeral de Negociación da existencia dos seguintes erros na documentación entregada do capítulo 1 do orzamento 2021 do Concello de Betanzos:
1. No caso dos postos do persoal que ten praza na RPT e eran do GRUMIR, os nomes dos postos que aparecen neste anexo non se corresponden cos nomes dos postos da RPT, xa que na RPT non hai nin peóns do GRUMIR nin capataz GRUMIR.
2. Detectamos que falta o posto 03.02.02/04.02.02 da RPT correspondente a unha arquitecta laboral e o posto 07.01.01 condutor da RPT e o posto 05.01.01.01 de administrativo de Servizos Sociais.
3. Detectamos que falta o grupo profesional e o nivel nos seguintes postos: auxiliares da Policía local, condutor guindastre, obradoiros de emprego, profesores conservatorio, profesores baile e gaita. A totalidade dos postos do persoal laboral deben estar encadrados nun grupo profesional e un nivel, como indica o propio convenio colectivo e que na actualidade vén determinado pola titulación de acceso ao posto.
4. Existe un erro no grupo e no nivel do técnico informático e do encargado electricista, que está no grupo C1 e III respectivamente cando deberan estar no B e no II.A segundo o que indica a RPT en vigor. Tamén consideramos que debido a unha sentenza de reclasificación xa non hai un posto que se denomine locutor de radio mais si animador sociocultural. Tamén detectamos que o grupo do encargado de limpeza no anexo aparece como III e na RPT como V, o que supón unha variación orzamentaria.
5. Igualmente, neste anexo de funcionarios aparecen os seguintes nomes de postos que non existen na RPT, non hai unha coincidencia, por tanto, na denominación dos postos da RPT e dos anexos de persoal nos seguintes casos:
ANEXO I RPT
Unidade de licenzas Administrativo/a
Auxiliar de planeamento e catastro Administrativo/a
Arquiveiro Director biblioteca/museo/arquivo
Unidade persoal e contratación Administrativo/a
Unidade bens e servizos Administrativo/a
Secretaria Alcaldía Administrativo-secretario/a Alcaldía
Auxiliar bens e servizos Administrativo/a
Unidade de secretaría e actas Administrativo/a
Unidade de estatística Administrativo/a
Condutor-alguacil Administrativo/a
Auxiliar persoal e contratación Administrativo/a
Contabilidade Administrativo/a
Administrativo área económica Administrativo/a
Adxunto tesouraría Administrativo/a
6. Canto ao persoal do Conservatorio observamos os erros que comentamos a continuación: só aparece o grupo profesional en dous postos, do persoal que está contratado de xeito anual e non cobra por horas, cando realmente son 4 os profesores que están contratados durante todo o ano cobran por convenio. Tamén detectamos que as retribucións no caso do persoal que cobra por horas está mal, xa que non se corresponde co número de horas que teñen no contrato actual e descoñecemos se se inclúen as retribucións do verán no caso do persoal indefinido. Por outro lado, descoñecemos o motivo polo que só se especifica a denominación do profe dunha especialidade "guitarra" cando o único posto que existe na RPT é o profesor de "percusión" cuxo posto non vén nomeado na RPT como no anexo.
7. Finalmente, e polo que respecta ao persoal da Escola de Folclore os nomes dos postos non son correctos, xa que na actualidade hai unha profesora de baile, un profesor de percusión e gaita e unha profesora de pandeireta e canto. Neste caso tamén queremos preguntar, e non que atinxe aos postos do persoal contratado por horas con sentenza de indefinición, se o Concello contempla os salarios no verán.
8. Non entendemos porque no caso do persoal funcionario se desagregan todos os complementos, e tampouco sabemos en cal se inclúe o CPT nin cal é a contía deste complemento que se creou derivado da RPT e, pola contra, no persoal laboral se inclúen todo en "outras remuneracións".
Na quenda de intervencións a CIG preguntou cando se incorporaría na nómina a suba do 0,9%, cando se efectuaría a convocatoria das axudas sociais do ano 2020, que vai moi atrasada, cal é a previsión de reincorporación ao traballo presencial logo que a Xunta anunciase as novas medidas e solicitou de novo que reunise a Comisión paritaria do Convenio colectivo do persoal laboral o Comité de Seguridade e Saúde e a Mesa Xeral de Negociación para a negociación do regulamento do rexistro da xornada, a produtividade e o teletraballo e información sobre o contrato adxudicado para o inicio do proceso de consolidación e a convocatoria das axudas sociais 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario