Están
convocadas 10 manifestacións e 3 concentracións en todas as cidades
e nas principais vilas do país
A
CIG fai un chamamento a participar nas manifestacións convocadas
pola Alianza Social Galega, da que forma parte a central sindical,
este xoves día 27 de febreiro. As mobilizacións están convocadas
en todas as cidades e principais vilas do país baixo o lema “Por
outra saída da crise” e con elas preténdese dar unha resposta
colectiva ás nefastas políticas antisociais que impoñen os
gobernos de Galiza e do Estado Español coa coartada da crise e do
pagamento dunha débeda ilexítima, seguindo os ditados da UE, do
FMI, do BCE e da patronal neoliberal.
A
Alianza Social Galega denuncia a grave situación de desemprego que
hai en Galiza e a ausencia de políticas que permitan reactivar a
actividade económica e, polo tanto, crear emprego. Mais tamén
denuncia os constantes recortes que os Gobernos de Mariano Rajoy e de
Feijoo pretenden impor cada día: recortes nas pensións, no ensino,
na sanidade, nos dereitos sociais e nas liberdades públicas.
Manifesta
a súa oposición á destrución do sistema educativo público,
entendendo que a LOMCE é unha reforma educativa ideolóxica,
clasista, recentralizadora e ao servizo dos mercados e denuncia o
deterioro que está a padecer a sanidade pública por mor das
políticas privatizadoras emprendidas polos gobernos central e
galego. Un deterioro que se fai máis evidente por culpa da falta de
persoal, coa imposición dunha taxa de reposición de tan só o 10%
de efectivos que “axiña fará imposíbel prestar unha atención
sanitaria de calidade”.
Xunto
a isto denuncian a supresión do dereito á asistencia sanitaria
pública á mocidade; a parlización e marcha atrás na aplicación
da Lei de Dependencia; a privatización dos servizos públicos
municipais; o ataque aos dereitos sexuais e reprodutivos das
mulleres; o abandono do rural e a destrución do medio ambiente ou o
desmantelamento da política pública de cooperación ao
desenvolvemento.
Estado
policial
As
organizacións que conforma a Alianza Social Galega denuncian ademais
a implantación dun Estado policial coa reforma da Lei de Seguridade
Cidadá e do Código Penal. Reformas que “buscan reprimir a
contestación social” para evitar manifestacións públicas que
cuestionen as políticas de recortes do PartidoPopular.
Reclaman
unha modificación da Lei hipotecaria e da Lei de axuizamento civil,
para regular a dación en pagamento retroactiva, paralizar os
desafiuzamentos e promover o alugamento social. Isto xunto con outras
políticas alternativas “Por outra saída da crise”, na que
non sexa a maioría social quen pague por unha crise que non
provocou.
MANIFESTACIÓNS
27 DE FEBREIRO
|
COMARCA
|
HORA
|
LUGAR
DE SAÍDA
|
|
Ourense
|
19:30
|
Pabellón
dos Remedios
|
|
Pontevedra
|
20
|
Praza
Ferrería
|
|
Santiago
|
20
|
Alameda
|
|
Ferrol
|
20
|
Praza
España
|
|
Coruña
|
20
|
Casa
do Mar
|
|
Lugo
|
20
|
Ronda
da Muralla
|
|
Vigo
|
19:30
|
Vía
Norte
|
|
Arousa
|
20
|
Avda.
Mariña
|
|
Burela
|
19:30
|
Praza
do Concello
|
|
Ribeira
|
20
|
Estación
autobuses
|
CONCENTRACIÓNS
27 DE FEBREIRO
|
Monforte
|
19:30
|
Praza
España
|
|
Vilalba
|
21:30
|
Casa
da Cultura
|
|
Cangas
|
20:00
|
Casa
do Concello
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario