A
Audiencia de Valladolid ratificou a pena de dous anos de prisión
imposta ao enólogo de Adegas Protos, polo accidente rexistrado en
2007 na sede da embotelladora.
O
accidente saldouse cun falecido e un ferido grave como consecuencia
da caída dun montacargas, se ben absolveu a dous traballadores e
coordinadores do Plan de Plan de Prevención de Riscos Laborais da
referida mercantil, que tamén foran condenados en primeira
instancia.
A
sentenza da Sección Segunda do Penal da Audiencia valisoletana
estima parcialmente o recurso de apelación do enólogo interposto
contra o fallo anterior do Xulgado do Penal número 2 e absólveo do
delito contra o dereito dos traballadores, se ben confirma a súa
condena de dous anos de prisión por un delito de homicidio
imprudente e doutro de lesións por imprudencia grave, co atenuante
de dilacións indebidas no proceso.
O
conxunto das indemnizacións suman máis de 427.000 euros.
Fonte:
europapress.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario