GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL – CIG
O
documento de análise no que se valoran os significativos cambios
lexislativos que introducen tanto o Real Decreto 625/2014, de 18 de
xullo sobre Incapacidade Temporal coma o novo proxecto de Lei de
Mutuas que modifica a Lei da Seguridade Social en relación co réxime
xurídico das antigas Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades
profesionais abre o número 11 do noso Boletín. Comparten espazo
neste boletín artigos nos que se desenvolven temas relacionados coa
sensibilidade química múltiple e a saúde laboral, o Comité de
Seguridade e Saúde e o Mapa de Risco Químico elaborado polo ISSGA.
O
Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 11, pode descargarse premendo na
seguinte ligazón ou
acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o
Boletín. O Boletín únicamente se publica en formato dixital.
O
sumario deste número 11 conta cun artigo baixo o
epígrafe de Documento - Análise: “O
novo Proxecto de Lei de Mutuas e o Deal Decreto 625/2014 de xestión
da incapacidade temporal: un ataque frontal e directo contra a clase
traballadora"; baixo
o eígrafe Sabías que..? falamos de"Sensibilidade
química múltiple e saúde laboral", en
Información Técnica atoparemos "O
Comité de Seguridade e Saúde" e
finalmente en Colaboración "O
mapa de risco químico do ISSGA: Sector industrial"
Ningún comentario:
Publicar un comentario