O
goberno cre que a economía despegará porque prevé un hipotético
escenario de creación de emprego e incremento do consumo privado
grazas á reforma do IRPF
O
2015 vai ser outro ano perdido para Galiza, xa que non se desprende
ningún cambio nos Orzamentos Xerais do Estado que permitan enxergar
unha mudanza na situación económica, nin na mellora da situación
da poboación en xeral, nomeadamente na que está en situación máis
precaria. E o que si se albisca é unha nova deterioración do xa
endeble “estado do benestar”: perda de poder adquisitivo dos
traballadores/as e pensionistas a cargo do sector público e
deterioración dos sistemas públicos de sanidade e educación.
O
proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2015, a lei máis
importante que o Goberno do Estado promulga no ano e que determina a
maior parte das súas políticas, ademais de ser a base sobre a que
se moverá a economía durante o ano, non nos ofrece ningunha
novidade con respecto a anos anteriores. Estamos, pois, ante uns
orzamentos continuístas, onde o máis importante é facer fronte á
débeda pública -capítulo que absorbe a meirande parte do
incremento do gasto-; onde se reducen os gastos en desemprego cando
cada vez temos unha maior parte de poboación sen ingresos derivado
do traballo; onde se reduce a investigación en sanidade e medra en
defensa...; e todo isto sobre un escenario macroeconómico de difícil
credibilidade.
Non
hai ningunha aposta por cambiar a situación económica, non hai
cambio de política, continúase coa política de austeridade que nos
levou á situación presente de crise profunda; polo que o Goberno
basea única e exclusivamente a recuperación económica -que,
segundo o goberno se vai consolidar no ano 2015- na reforma fiscal.
Reforma
fiscal, de carácter regresivo, que favorece máis as rendas altas
que as baixas, isto é, as máis favorecidas son as rendas
procedentes do capital fronte ás do traballo. Mais, como pode
incrementar lixeiramente a liquidez dos contribuíntes, isto vai ser
suficiente para a recuperación do consumo e polo tanto da actividade
económica e do PIB. Que doado! Unha reforma fiscal, e non cambia
nada máis, e seica xa estamos ante un novo escenario. A saber:
Comezando
polo escenario macroeconómico que sustenta o devandito proxecto,
sinala o Goberno que o ano 2015 será “o
ano de consolidación do proceso de recuperación iniciado pola
economía española no ano 2014, no que se prevé que remate cun
crecemento do PIB do 1,3%, acadando un incremento do 2% no ano 2015”.
Antes
de analizarmos os distintos compoñentes do PIB non debemos esquecer
que nestes orzamentos as previsións macroeconómicas xa inclúen as
revisións da composición e do nivel de PIB derivado do novo
SEC-2010 (Sistema Europeo de Contas 2010), que inclúe numerosas
novidades, sendo as máis coñecidas a incorporación dos fluxos
provenientes de actividades ilegais. Pola súa importancia, tampouco
debemos esquecer a incorporación da I+D como Formación bruta de
capital (antes, consumo intermedio); sen dúbida, todo isto modifica
substancialmente o nivel acadado.
Tendo
en conta esta salvidade, que non podemos nin debemos obviar, o
devandito escenario fundaméntase na creación de emprego (incremento
do 1,4% dos postos de traballo a tempo completo no ano 2015), e na
reforma do IRPF, o que vai redundar nun incremento do consumo privado
(medre do 2,1% de media durante 2015), así como nas mellores
condicións de financiamento, que van, segundo o Executivo, propiciar
un importante repunte da Formación bruta de capital, para a cal se
prevé un incremento do 4,4%. Así é a demanda interna, cunha
contribución ao medre do PIB do 1,8 puntos, a que vai sustentar o
crecemento do PIB, xa que se prevé que a demanda externa vaia
contribuír en apenas 0,2 décimas.
Parece
maxia. A economía europea estancada, numerosas incógnitas
xeoestratéxicas internacionais, caída das rendas no Estado
español..., e con só unha redución do IRPF, a economía despega.
Porén, non hai nada novo nestes orzamentos (que por outra parte
determinan a maior parte das políticas) que permita aseverar este
marco macroeconómico.
Por
exemplo, o consumo final das administracións públicas (non so a
administración do Estado), ou o que é o mesmo o gasto público,
prevese que descenda un 1%. É dicir, a administración pública non
vai achegar nada a esta recuperación, a pesar de que o orzamento da
administración estatal medre, pero todo este medre -como veremos
máis adiante- vai destinado a amortizar débeda pública e aos
gastos financeiros derivado desta.
Para
este escenario os orzamentos públicos prevese que acheguen uns
440.074,74 millóns de euros, cuxos ingresos non financeiros saen
maioritariamente de impostos directos e cotizacións sociais, xa que
se preve que a achega dos ingresos non financeiros sexa do
67,1%.
O
incremento da recadación a través de impostos directos (os máis
importantes, IRPF e imposto de sociedades) estímase nun 3,9% a pesar
de ser neste ano cando vai entrar, previsibelmente, en vigor a nova
reforma fiscal, que entre outras modificacións reduce os tipos de
gravame de ambos os impostos. Mais as previsións de crecemento
económico e creación de emprego (así como o incremento do custo
laboral unitario, un 0,4%), son tan optimistas que compensan dabondo
estas reducións, e polo tanto a recadación a través destes
impostos vaise incrementar.
A
través de impostos indirectos prevese un incremento da recadación
do 17,2%. Segundo especifican na memoria, este forte incremento
débese en parte ao aumento do consumo derivado do incremento da
ocupación e da maior dispoñibilidade dos traballadores pola rebaixa
do IRPF, pero en parte por liquidacións atrasadas.
Se
a estes dous capítulos se engaden o resto das operacións non
financeiras, acádanse os 289.317,51 millóns de euros; xa para o
resto hai que endebedarse. O endebedamento bruto previsto nestes
orzamento é de 141.757,23 millóns de euros, dos cales 92.233,13 son
destinados a amortizar a débeda atrasada, co que nos queda un
endebedamento neto de 49.523,93 euros.
O
resto dos ingresos distribúense por capítulos de gastos como se
describe a continuación.
Gastos
consolidados por capítulos. Millóns de euros.
|
Capítulo
|
2014
|
2015
|
variación
|
||
|
|
Importe
|
%
total
|
Importe
|
%
total
|
|
|
I.
Gastos de persoal
|
21.303,96
|
5
|
21.597,99
|
4.9
|
1,4
|
|
II.
Gastos en bens correntes e de servizos
|
7.619,35
|
1,8
|
7.858,57
|
1.8
|
3,1
|
|
III.
Gastos financeiros
|
36.661,80
|
8,7
|
35.560,08
|
8.1
|
-3,0
|
|
IV.
Transferencias correntes
|
231.125,92
|
54,6
|
231.599,76
|
52.6
|
0,2
|
|
TOTAL
OPERACIÓNS CORRENTES
|
296.711,03
|
70,1
|
296.616,40
|
67.4
|
0,0
|
|
V.
Fondo de continxencia
|
2.665,95
|
0,6
|
2.616,20
|
0.6
|
-1,9
|
|
VI.
Investimentos reais
|
4.727,85
|
1,1
|
4.953,54
|
1.1
|
4,8
|
|
VII.Transferencias
de capital
|
9.986,14
|
2,4
|
11.317,36
|
2.6
|
13,3
|
|
OPERACIÓNS
DE CAPITAL
|
14.713,99
|
4,1
|
16.270,90
|
3.7
|
10,6
|
|
T.
GASTOS NON FINANCEIROS
|
314.090,97
|
74,2
|
315.503,50
|
71.7
|
0,4
|
|
VIII.
Activos financeiros
|
40.535,10
|
9,6
|
32.338,10
|
7.3
|
-20,2
|
|
IX.
Pasivos financeiros
|
68.605,25
|
16,2
|
92.233,13
|
21.0
|
34,4
|
|
TOTAL
GASTOS FINANCEIROS
|
109.140,36
|
25,8
|
124.571,24
|
28.3
|
14,1
|
|
Total
orzamento
|
423.231,33
|
100
|
440.074,74
|
100.0
|
4,0
|
Fonte:
Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2015.
Se
aos 92.233,13 millóns de euros que se prevén destinar a
amortización de débeda se suman os gastos financeiros que xera,
35.560,08 millóns, o total é de 127.793,21 millóns; isto é, o 29%
do orzamento está destinado a pagamento de xuros e amortización da
débeda. Isto, malia a redución dos tipos de xuro, que permitiron
rebaixar substancialmente o capítulo de gastos financeiros; de feito
este capítulo de gastos financeiros ten en principio unha dotación
un 3% inferior á prevista para o ano 2014.
Así,
o montante da débeda está lastrando en parte a recuperación
económica, e non debemos esquecer que unha parte importante desta
foi subscrita para facer fronte ao rescate bancario, e por outro lado
foi precisamente, o sector bancario, un dos principais causantes da
crise que estamos padecendo.
Así
mesmo, é o capítulo de amortizacón da débeda o que máis vai
medrar segundo este proxecto de orzamentos; concretamente un 34,4%,
absorbendo a meirande parte do incremento do orzamento para 2015.
Así, os gastos financeiros no seu conxunto medran un 14,1%, os non
financeiros practicamente se manteñen, xa que só se preve o seu
medre nun 0,4%.
Os
gastos de persoal, capítulo I, representan o 4,9% (5% no ano 2014)
do total dos gastos, e estímase un incremento destes do 1,4% con
respecto ao ano anterior. Hai que salientar que un ano máis que o
persoal a cargo do sector público vai ver conxeladas as súas
remuneracións. No que atinxe á incorporación de novo persoal, non
se procederá a esta, e só en educación, sanidade e nas forzas e
corpos de seguridade do Estado a taxa de reposición do persoal será,
como máximo, do 50%.
As
transferencias correntes son o capítulo de gasto máis importante
dos orzamentos; para o ano 2015 prevese que absorban o 52,6% do
total. Con respecto ao ano 2014, o incremento previsto é do 0,2%.
Dentro deste capítulo, imos centrarnos especificamente nas coñecidas
como gasto social.
Gasto
social:millóns de euros.
|
|
2014
|
2015
|
Variación
|
|
Pensións
|
127.483,83
|
131.658,93
|
3,3
|
|
Outras
prestacións económicas
|
11.603,83
|
10.943,66
|
-5,7
|
|
Servizos
e promoción social
|
1.809,81
|
1.840,96
|
1,7
|
|
Fomento
do emprego
|
4.073.52
|
4746,36
|
16,5
|
|
Desemprego
|
29.727,53
|
25.300,04
|
-14,9
|
|
Acceso
á vivenda
|
799,64
|
587,41
|
-26,6
|
|
Xestión
e administración da Seguridade Social
|
4.377,40
|
5.344,78
|
22,1
|
|
(1)
PROTECCIÓN E PROMOCIÓN SOCIAL
|
179.875,57
|
180.422,14
|
0.3
|
|
Sanidade
|
3.839,76
|
3.863,83
|
0,6
|
|
Educación
|
2.150.05
|
2273,07
|
4,5
|
|
Cultura
|
716,4
|
749,14
|
4,3
|
|
(2)
PRODUCIÓN DE BENS
PÚBLICOS
DE CARÁCTER
PREFERENTE.
|
6.706,21
|
6.886,04
|
5,6
|
|
GASTO
SOCIAL (1)+(2)
|
186.581,77
|
187.308,18
|
0,4
|
Fonte:
Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2015.
Dentro
do gasto social, podemos diferenciar dous apartados: os gastos en
protección social e a produción de bens públicos.
Comezando
polo últimos, a súa cativa contía débese a que a meirande parte
das funcións destas áreas están transferidas ás comunidades
autónomas. E só salientar que dentro de educación o programa
destinado a bolsas de estudo ten unha dotación orzamentaria de
1.413,5 millóns de euros, un 0,2% máis que no exercicio anterior.
Dado que cada vez hai un maior número de familias en situación
precaria e, polo tanto, con dereito a recibir axudas económicas para
o estudo dos seus fillos, deberíase dotar de maior orzamento esta
partida, e que ningún estudante tivese que abandonar os estudos por
motivos económicos.
Centrándonos
nas áreas de protección e promoción social, a partida máis
importante é a destinada a pensións, a cal medra un 3,3% con
respecto ao previsto nos orzamentos do ano anterior. Este medre non
se debe á revalorización do importe das pensións, senón ao
incremento do número de pensionistas e da pensión media. A pensión
media aumenta polo maior importe que van percibir os novos/as
pensionistas con respecto aos/ás que saen do sistema, non polo
revalorización das existentes.
A
revalorización prevista das pensións é do 0,25%, o que conforma,
un ano máis, a perda de poder adquisitivo das xa exiguas pensións
da maioría dos e das nosas pensionistas, xa que, segundo o cadro
macroeconómico que acompaña o proxecto de orzamentos, a variación
dos prezos -medida a través do deflactor do PIB- vai ser do 0,6%.
A
partida destinada a outras prestacións económicas ten especial
importancia para nós xa que nela se integran prestacións orientadas
a compensar rendas salariais deixadas de percibir polo traballador
por enfermidade, maternidade..., así como o orzamento de FOGASA. En
conxunto esta área de gasto vai sufrir un descenso do 5,7%.
Dada
a previsión de incremento da actividade económica para 2015, o
Goberno considera que se van incrementar as IT, e polo tanto medra
nun 1,3% o destinado a este programa.
Para
o pagamento das prestacións do Fondo de Garantía Salarial están
previstos 1.036,56 millóns de euros.
Dentro
do programa de servizos sociais e promoción social, a contía máis
importante é a destinada a dependencia; en principio, a partida vai
ser moi similar á destinada a este fin no ano 2014, 1.177,04 millóns
de euros.
A
fomento do emprego destínanse 4.746,36 millóns de euros, un 16,5%
máis que no ano 2014. Este incremento débese maioritariamente aos
fondos que a Unión Europea (1.800 millóns) ten previsto destinar
entre 2014 e 2015 ao Fondo de Garantía Social, xa que o incremento
dos fondos responden basicamente ao incremento nas partidas
destinadas a financiar as bonificacións á contratación. Non
debemos esquecer que as bonificacións á contratación , sexa a
través da chamada “tarifa plana”, o Plan de Garantía Xuvenil,
etc., é a principal -por non dicir, a única- política de emprego
que utiliza o Goberno; igual que na etapa de crecemento económico,
xa que o único que varía é a contía das bonificacións.
Dentro
deste programa, unha das partidas máis importantes é a destinada a
formación profesional para o emprego, á cal se ten previsto
destinar durante o próximo ano 1.970,02 millóns de euros, un 8,6%
máis que no durante 2014. Este incremento débese ao aumento dos
ingresos previstos por cotas de formación profesional, que ten
establecida a afectación por lei ao financiamento deste sistema.
Destes créditos, 936,01 millóns van destinados á formación de
ocupados/as, 766,83 millóns á formación de desempregados/as, e o
resto a programas públicos de emprego.
Os
orzamentos previstos para atender as persoas desempregadas acadan os
25.300,04 millóns de euros, un 14,9% menos que no ano 2014. Segundo
o Goberno, o descenso débese á redución da taxa de paro que
vai experimentar a economía española no ano 2015, xa que prevén
que esta se sitúe no 22,9% da poboación activa, 1,8 puntos inferior
á do ano 2014. Redúzase ou non a taxa de paro, o que si é certo é
que cada vez se gasta menos en prestación para desempregados/as
debido a que o número de parados/as de longa duración, e polo tanto
sen dereito a prestación contributiva, cada vez ten máis peso sobre
o total de parados/as.
E
tampouco debemos esquecer neste apartado a emigración, a inxente
cantidade de mozas e mozos que cada ano abandonan o Estado español,
e que non están cuantificados ou non interesa dar a coñecer eses
datos, pero son numerosos e contribúen a reducir as elevadas taxas
de paro.
Continúa
o descenso para acceso a vivenda e fomento da edificación; así,
para o ano 2015 o orzamento estimado é un 26,5% inferior o do ano
2014.
Fóra
das actuacións de carácter social, non debemos esquecer a dotación
prevista nos Orzamentos Xerais do Estado para a política en
investigación, desenvolvemento e innovación. Para o ano 2015 inclúe
créditos por valor de 6.406,75 millóns de euros, un 4,2% máis que
o inicialmente orzamentado para 2014. Pero dentro desta partida, os
distintos programas teñen un comportamento moi dispar; o que máis
medra é o apoio á innovación tecnolóxica no sector da defensa,
cun incremento previsto do 64,1% con respecto ao ano 2014. O recorte
máis grande sófreo a investigación sanitaria, cun 4,5% menos de
fondos, e mais o programa de investigación e desenvolvemento
tecnolóxico-industrial, cun descenso do 1,4%.
Centrándonos
agora nas operacións de capital, en conxunto sofren un incremento do
3,7%. A meirande parte son transferencias de capital absorbidas por
sociedades que xestionan infraestruturas (fundamentalmente Adif,
aeroportos nacionais, portos do Estado, etc.). Na distribución
destes investimentos inflúen varios factores: características do
territorio, se ten costa ou non, o atraso en determinadas
infraestruturas, etc. Entre uns e outros, a distribución territorial
é como segue.
Distribución
territorial do investimento real en 2015. Millóns de euros.
|
|
2014
|
2015
|
Variación
|
%
sobre rexionalizable
|
|
|
|
|
|
|
|
Andalucía
|
1.711,53
|
1.958,16
|
14,4
|
17,4
|
|
Aragón
|
368,69
|
396,61
|
7,6
|
3,5
|
|
Asturias
|
303,02
|
333,43
|
10,0
|
3,0
|
|
Baleares
|
74,32
|
138,45
|
86,3
|
1,2
|
|
Canarias
|
256,3
|
267,92
|
4,5
|
2,4
|
|
Cantabria
|
197,91
|
229,53
|
16,0
|
2,0
|
|
Castela
e León
|
1.401,35
|
1.744,26
|
24,5
|
15,5
|
|
Castela
a Mancha
|
496,15
|
570,51
|
15,0
|
5,1
|
|
Catalunya
|
948,89
|
1.072,29
|
13,0
|
9,5
|
|
Estremadura
|
352,31
|
368,33
|
4,5
|
3,3
|
|
Galiza
|
1.356,99
|
1.385,78
|
2,1
|
12,3
|
|
Madrid
|
906,88
|
981,20
|
8,2
|
8,7
|
|
Murcia
|
303,83
|
425,33
|
40,0
|
3,8
|
|
Navarra
|
72,04
|
96,25
|
33,6
|
0,9
|
|
A
Rioxa
|
91,83
|
94,87
|
3,3
|
0,8
|
|
Valencia
|
613,29
|
776,07
|
26,5
|
6,9
|
|
Euscadi
|
320,25
|
364,17
|
13,7
|
3,2
|
|
Melilla
|
28,34
|
35,41
|
24,9
|
0,3
|
|
Ceuta
|
51,38
|
29,53
|
-42,5
|
0,3
|
|
T.
rexionalizábel
|
9.855,30
|
11.268,10
|
14,34
|
100,0
|
|
Non
rexionalizábel
|
2.205,40
|
1809,18
|
-17,97
|
|
|
Estranxeiro
|
29,93
|
26,19
|
-12,5
|
|
|
TOTAL
|
12.090,63
|
13.103,47
|
-16,13
|
|
Fonte:
Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2015.
O
atraso nas obras do AVE a Galiza con respecto a outros territorios en
que xa leva anos en funcionamento, sitúanos -xunto a Castela e León-
como unha das comunidades con maior peso na distribución do
investimento real en 2015. Non temos, polo tanto, nada novo; trátase
de gastos comprometidos de anos anteriores, e con moito atraso.
Estamos a falar de en torno aos 700 millóns de euros, isto é,
máis da metade do investimento real en Galiza.
O
Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) cada vez serve menos
para mitigar as diferenzas territoriais, xa que a súa dotación é
moi cativa. Para o ano 2015 prevese a mesma cantidade que para o ano
2014: 425,81 millóns de euros. A distribución entre as comunidades
beneficiarias é a que se amosa a seguir.
Fondo
de Compensación Interterritorial. Millóns de euros.
|
|
2014
|
2015
|
2015/
|
||
|
|
Importe
|
%
total
|
Importe
|
%
total
|
2014%
|
|
Galiza
|
44,55
|
10,5
|
42,92
|
10,1
|
-3,7
|
|
Andalucía
|
159,35
|
37,4
|
160,47
|
37,7
|
0,7
|
|
Asturias
|
13,07
|
3,1
|
12,74
|
3
|
-2,5
|
|
Cantabria
|
3,9
|
0,9
|
4,06
|
1
|
4,1
|
|
Murcia
|
20,89
|
4,9
|
21,64
|
5,1
|
3,6
|
|
Valencia
|
53,87
|
12,7
|
55,22
|
13
|
2,5
|
|
Castela
a Mancha
|
37,72
|
8,9
|
37,07
|
8,7
|
-1,7
|
|
Canarias
|
44,69
|
10,5
|
46,48
|
10,9
|
4,0
|
|
Estremadura
|
26,9
|
6,3
|
26,62
|
6,3
|
-1,0
|
|
Castela
e León
|
20,89
|
4,9
|
18,59
|
4,4
|
-11,0
|
|
Total
|
425,81
|
100,0
|
425,81
|
100
|
|
Fonte:
Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2015.
Dos
425,81 millóns de euros con que se dota este fondo nos orzamentos do
2015, a Galiza correspóndenlle uns 42,92 millóns, o 10,1% do total,
un 3,7% menos que no ano 2014. É, xunto con Castela e León, a que
máis peso perde neste reparto en 2015; o descenso do ano anterior
fora do 27%.
Resumindo,
2015 vai ser outro ano perdido para Galiza, xa que non se desprende
ningún cambio nestes orzamentos que nos permita enxergar unha
mudanza na situación económica nin na mellora da situación da
poboación en xeral, especialmente na que está en situación máis
precaria. E o que si se albisca é unha nova deterioración do xa
endeble “estado do benestar”: perda de poder adquisitivo dos
traballadores/as e pensionistas a cargo do sector público,
deterioración dos sistemas públicos de sanidade e educación, falta
de novo investimento fóra do xa comprometido...
Ningún comentario:
Publicar un comentario