A CIG inicia hoxe en Vigo unha campaña informativa sobre os contidos e as consecuencias para a clase traballadora do TTIP e do CETA
A
CIG vai iniciar unha campaña para divulgar os contidos e as
consecuencias que terán para as clases populares os tratados de
libre comercio que a Unión Europea e os estados de América do Norte
(EEUU e Canadá) están a negociar de xeito opaco. Uns tratados que,
de aprobárense, suporán un golpe brutal á soberanía dos estados,
ao quedar esta supeditada aos intereses e beneficios das empresas
multinacionais; e constituíndo un retroceso sen precedentes nos
nosos dereitos económicos, sociais e ambientais máis elementais. O
primeiro acto informativo terá lugar hoxe mércores no local da
CIG de Vigo ás 18.30 horas e nela participarán Alberte Gonçalves,
Manuel Mera, Antolín Alcántara e Manuel G. Moreiras.
Na
primeira fase desta campaña a central sindical ten convocados actos
abertos en cada unha das comarcas para informar do contido dos
acordos e explicar as consecuencias que terán para nós como clase e
como nación. As conferencias, nas que tamén se proxectará un
vídeo-documental, comezarán este mesmo mércores 28 en Vigo e
rematarán o 24 de febreiro en Ourense.
As
datas previstas dos actos públicos (a falta de concretar lugares a
horas) son:
-
Ferrol,
3 de febreiro
-
Lugo,
10 de febreiro.
-
A Coruña,
11 de febreiro.
-
Compostela,
12 de febreiro.
-
Pontevedra,
12 de febreiro.
-
Ourense,
24 de febreiro.
Que
é o tratado TTIP?
O
TTIP (nas siglas en inglés de Transatlantic Trade and Investment
Partnership) é un acordo transatlántico que se negocia en
segredo dende ano pasado entre a Unión Europea e os Estados Unidos
de América. Está prevista a súa entrada en vigor a finais do ano
2015. Plenamente coincidente en contidos e obxectivos é o texto -xa
pechado- do Acordo Económico e Comercial Global (CETA - AECG) entre
o Canadá e a Unión Europea.
Este
Tratado non se discute en ningún Parlamento, é secreto; por tanto,
os parlamentos dos estados membros non poden participar, negociar,
aprobar ou rexeitar o Acordo. Contrariamente, participan máis de 600
asesores/as das máis grandes empresas multinacionais destes
continentes. Son, por tanto, estas corporacións as que impoñen as
condicións políticas do Acordo por riba dos estados.
Negocian
acordos que diminúan ou eliminen todas aquelas normas que protexen
ou aseguran a calidade dos servizos, dos alimentos, da agricultura,
dos dereitos sindicais, do salario, das pensións, da sanidade, do
ensino, do medio ambiente, etc., para asegurar a liberdade de mercado
destas grandes multinacionais e bancos.
Créanse
tribunais privados constituídos por estas grandes empresas, que
poderán sancionar a un ou varios estados con indemnizacións
millonarias, se consideran ser afectadas na súa competencia ou
actividade por normas ou lexislación que protexan o traballo, a
alimentación, o comercio, o medio ambiente ou os servizos e
prestacións públicas.
Que
consecuencias vai ter?
Na
seguridade alimentaria.-
Exemplos: En Europa só está permitido a comercialización dun
produto transxénico, en EEUU 160. Eliminarase o control sobre os
pesticidas; eliminarase a prohibición sobre a hormona de crecemento
bovina relacionada con cancro en humanos. Permitirase a venda e
consumo de carnes de ave tratadas con cloro para branquealas. Trátase
de non pór trabas ás grandes empresas agroalimentarias. O principal
é o negocio e non a saúde da poboación. Os nosos produtos, os
nosos labregos/as e gandeiros/as non poderán resistir contra estas
multinacionais.
Nos
dereitos no traballo.-
Os convenios colectivos, o salario mínimo, a protección sanitaria e
pensións públicas resultan afectados. Os EEUU non asinaron os
acordos da OIT sobre dereitos Internacionais no traballo, por tanto
non aceptan a liberdade sindical e a organización en sindicatos. As
empresas americanas que se instalen aquí non estarán obrigadas a
cumprir a lexislación laboral, nin convenios nin salario mínimo. As
consecuencias serán que as empresas de aquí reclamarán a
aplicación das normas de equivalencia alegando razóns de
competencia; por tanto, os nosos dereitos universais e colectivos
serán atacados.
Nos
servizos e prestacións públicas as
normas de competencia que reclama EEUU para servizos públicos como a
sanidade, ensino primario, secundario e universidades, pensións, ou
servizos prestados por concellos, etc., son considerados como
monopolios públicos e, por tanto, afectan á actividade privada e ao
libre mercado das empresas. Unha vez que un servizo público se
privatiza, o Acordo prohibe que volva ser recuperado polo estado. As
persoas ricas non terán problema en contratar a súa sanidade
privada nin a súa pensión, pero que sucederá coa clase
traballadora? Sucederá, acaso, como en Estados Unidos que cando
pecha unha empresa os traballadores/as perden os seus fondos de
pensións?
Nas
normas de saúde e medio ambiente os
estados perden capacidade efectiva para controlar as multinacionais e
prohibir actividades perigosas. En tratados idénticos a este, a
tabaqueira Philip Morris reclama miles de millóns de indemnización
a Australia por prohibir a publicidade dos cigarros. Tamén reclama
millóns de dólares a Uruguai por obrigar ás compañías a ilustrar
nos paquetes de cigarros as fotos e gráficos que advirten do risco
de fumar. A petroleira Occidental Petroleum reclama 1.700 millóns a
Ecuador, por rescindir este país o contrato por violar as leis de
contaminación. Canadá tivo que pagar 122 millóns por revogar os
dereitos sobre a auga a unha compañía do seu propio país.
Ningún
Estado pode gañar nestas reclamacións,
porque os tribunais son privados e creados polas empresas. É
ilustrativo o caso recente de Arxentina, que debe pagar 500 millóns
a Empresas Americanas por desvincular o peso na relación co dólar.
Os países non mandan nin na súa moeda.
Os
estados perden a súa soberanía e poder de decidir e gobernar sobre
os seus recursos. A clase traballadora resulta sacrificada en
beneficio dos multimillonarios aos que estes Gobernos entregan todo o
poder, porque traballan para eles. Parece lóxico que nacións como
Catalunya, Euskal Herria e mesmo Escocia na Unión Europea queiran
exercer a súa soberanía, porque os ricos de Madrid e Alemaña non
poden decidir o destino de todos os pobos.
En
que situación quedará o pobo galego, como se enfrontará a nosa
industria, a nosa pesca, o noso agro e a nosa clase traballadora a un
ataque tan brutal e antidemocrático aos nosos recursos e dereitos?
Se non decidimos nós o noso destino, non teremos futuro como pobo.
Paremos
o Tratado Transatlántico!

Ningún comentario:
Publicar un comentario