A
Secretaría da Muller da CIG informa da publicación no DOG da
convocatoria das axudas económicas para os traballadores e as
familias monoparentais que, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro
de 2014, tivesen unha situación de redución da súa xornada de
traballo para o coidado do seu/da súa fillo/a. O prazo para a
presentación remata o 20 de febreiro.
-
Homes que se acollan á redución de xornada e sexan traballadores
por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións
públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado
e empresas públicas dependentes delas, e os socios das sociedades
cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da
Seguridade Social.
-
Familias monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou
muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de
xornada. Por familia monoparental entenderase o núcleo familiar
composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con
outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e
os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.
As
axudas serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de xaneiro
e o 31 de decembro de 2014, tivesen unha situación de redución da
súa xornada de traballo para o coidado dun/dunha fillo/a menor de
tres anos ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha
discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
Tamén poderán solicitar aquelas persoas que adopten un/unha menor
ou o/a teñan en situación de acollemento familiar.
Para
ter dereito á axuda deberase manter a situación de redución de
xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos. O
período máximo subvencionábel, continuado ou fraccionado, será de
oito meses comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de
2014.
A
contía desta axuda determinarase en función da porcentaxe de
redución da xornada laboral gozada e da súa duración, en atención
ao número de fillas/os a cargo da persoa solicitante. E poden ir dos
1.600 euros aos 3.600 euros.
En
ningún caso o período para o cal se solicita a subvención pode
coincidir co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso,
licenza ou excedencia para a mesma finalidade da persoa solicitante
ou do seu cónxuxe ou parella.
Ningún comentario:
Publicar un comentario