ACCIDENTE LABORAL
O accidente produciuse
cando a vítima traballaba no interior dun colector que estaba a ser
equipado para convertelo nun centro de transformación para parques
solares. Nun momento dado, o cadro eléctrico que manipulaba, duns
300 kg de peso, desequilibrouse e derrubouse sobre o traballador. O
transporte e posicionamento vertical do cadro realizouse coas pinzas
dun touro, sen elemento ningún de fixación ou amarre.
Segundo a acusación,
«omitíronse as condicións apropiadas de seguridade» e empregouse
un procedemento que cualifica de «totalmente inadecuado».
Antes de proceder á
operación, explica, «deberíase ter estudado e planificado a forma
axeitada de introducir cada equipo eléctrico no colector, dando
preferencia á manipulación de cargas por medios mecánicos e
cuberto o chan do colector con chapas metálicas de resistencia
apropiada e debidamente ancoradas, para garantir que non se producise
ningún desprazamento».
As cargas «deberían ter
sido manipuladas por polo menos catro persoas, baixo a supervisión
dun mando», e a manobra de introdución do armario eléctrico no
colector «debería terse realizado antes da montaxe da porta».
Ademais «ningún traballador debería ter estado no raio de acción
das cargas», engade o Ministerio Fiscal.
O xuízo previsto no
Xulgado do Penal Número 2 de Avilesino non chegou a celebrarse, ao
aceptar o acusado (xerente e máximo responsable de seguridade de
persoal da empresa) as formulacións do Ministerio Fiscal. O xerente
foi acusado de delito contra a vida e a saúde pública dos
traballadores e de homicidio imprudente, sendo condenado a ano e
medio de prisión, multa de 1.280 euros e pagamento de indemnización
ao servizo de Saúde do Principado polos gastos ocasionados.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario